Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CORES TOURÍS COMPROBA O REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que estes traballos tiveron un investimento de case 70.500 euros

Fecha: 28 de Diciembre de 2013

Fuente: Infomiño.com / Xunta - Del. Po

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na mañá do venres día 27 de Decembro o mercado de abastos de A Guarda, para comprobar o remate das obras de renovación destas instalacións municipais que servirá como motor do comercio local. Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Manuel Domínguez Freitas, así como polo xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial e a concelleira do PP da localidade, Ortensia Vicente.

Estas obras tiveron como obxectivo a potenciación do comercio local deste municipio. Neste senso, Cores Tourís insistiu no interese da Consellería de Economía e Industria de traballar en pro da revitalización do comercio de proximidade e da creación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes. "Seguindo esta liña de actuación, a Consellería concedeu unha subvención a este concello encamiñada ao lavado e pintado da fachada, á reparación dos canalóns e das humidades do interior e a pavimentación das escaleiras e solado da planta alta", explicou Cores Tourís.

O proxecto tivo un orzamento de case 70.500 euros, dos cales, o 70%, é dicir preto de 50.000 euros foron aportados pola administración autonómica.

As obras executáronse a través da orde de axudas publicada pola Consellería de Economía e Industria que destinou 1,5 millóns de euros á mellora de investimentos en mercados e en infraestruturas comerciais da provincia de Pontevedra, "o que significa o 32,5% do total destinado á comunidade autónoma", explicou Cores Tourís. En relación ao comercio de proximidade, o delegado territorial asegurou que, ademais da obras realizadas nesta praza de abastos, tamén a Consellería de Economía e Industria destinou outros 3.300 euros á posta en marcha de actividades de potenciación do comercio local a través da asociación Mercaguarda. "A isto temos que sumarlle tamén o investido no concello de Tui que visitamos recentemente, así como o destinado a Tomiño, onde tamén modernizaremos as instalacións da praza de abastos e destinaranse 13.000 euros para o desenvolvemento das iniciativas a prol do comercio de proximidade", explicou Cores Tourís, quen matizou que, "en total, destinaranse a esta comarca 230.000 euros cun obxectivo: que os clientes desexen acudir aos seus establecementos máis próximos para facer as súas compras. Isto permitirá dinamizar economicamente cada municipio".

En relación ás obras que se realizaron na praza de abastos de A Guarda, Cores Tourís recordou que "a adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais, e especialmente, das prazas de abastos, constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio de proximidade, que é un dos motores económicos de todos os concellos", explicou o delegado territorial. "Para estes efectos, as actua¬cións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan imprescindibles.

É preciso, polo tanto, acondicionar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores", apuntou. Precisamente, un dos eixos desta estratexia é a aposta pola potenciación das prazas de abastos, de titularidade municipal, como motores do comercio de proximidade. "Isto permitirá avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes e na súa consolidación como líderes na venda de produto fresco, con novos e mellorados servizos para os consumidores", engadiu Cores Tourís.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones