Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CORES TOURÍS COMPROBOU AS OBRAS DO PLAN MARCO QUE SE EXECUTARON NO CONCELLO DE A GUARDA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou, acompañado polo alcalde da localidade, os traballos que se executaron na rúa Marouco e na rúa Proba

O investimento total rolda os 40.000 euros

Fecha: 14 de Julio de 2014

Fuente: Infomiño.com / Xunta - Del. Po


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras que se están a executar para a mellora varias estradas rurais do concello de A Guarda dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar en compaña do alcalde da localidade, José Manuel Domínguez.

Nesta visita estivo tamén acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como a portavoz do Partido Popular na localidade, Fany Iglesias.

Trátase da reforma das rúas Marouco e Proba, nas que se levaron a cabo varridos do firme e extensión de capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros. A maiores, puxéronse a cota as tapas de rexistro existentes. O orzamento global roldou os 40.000 euros.

En concreto, na rúa Marouco, que enlaza a PO-353 coa estrada que vaia á Igrexa de San Lourenzo, melloráronse 272,50 metros cunha superficie de mestura bituminosa en quente de 1.362,50 metros cadrados e se recolocaron 20 tapas de rexistro.

Na rúa Proba, entre a PO-353 e a última casa da zona, pavimentáronse 210 metros con 1.050 metros cadrados de mestura en quente. Tamén puxéronse a cota da nova rasante 12 tapas de rexistro e 7 reixas centrais.

"O investimento total na mellora destes tres camiños rurais será de case 44.000 euros", matizou o delegado territorial, quen recordou que, no caso da comarca do Baixo Miño, estanse a investir, ao longo do presente ano, un total de case 300.000 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. "En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros", engadiu Cores Tourís.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a A Guarda para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que "poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural".
Dende 2009 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello de A Guarda, o investimento en mellora de vías rurais roldou os 150.000 euros dende ese mesmo ano.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones