Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Desfile das Letras Galegas 2019 na Guarda

O pasado sábado pola tarde, como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa organizou un Desfile polo Día das Letras Galegas

O pasado sábado pola tarde, como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa organizou un Desfile polo Día das Letras Galegas

Fecha: 20 de Mayo de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado sábado pola tarde, como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa organizou un Desfile polo Día das Letras Galegas, contando coa participación de diferentes grupos de baile e música da vila, realizando un pasarrúas dende a Alameda da Guarda ata o Auditorio de San Bieito, onde se realizaron as diferentes actuacións.

Na Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. celebrada o día 23 de abril de 2019, foi elexido Don José Luis Rodríguez Álvarez para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2019.

José Luis Rodríguez Álvarez naceu en Bueu en 1964. É enxeñeiro, profesor, músico tradicional e investgador de todo o relacionado co traxe e tecidos tradicionais galegos.

Foi secretario da Asociación do Traxe Galego de Santago e fundador das Asociacións do Traxe Tradicional de Pontevedra e da Asociación Etnográfca Sete Espadelas. É presidente e fundador da Asociación Cultural Os de Algures. Gañador de catro premios de investgación "Antonio Fraguas" convocados polo Concello de Santago e a Asociación do Traxe Galego. Como xastre conta no seu haber con vinte primeiros premios no concurso do Traxe Galego organizado anualmente en Santago de Compostela.

Comisario de doce exposicións ao redor da indumentaria tradicional galega, destacando "Pintados con pincel, cosidos con agulla" no Museo de Pontevedra no ano 2015; exposición que acadou a importante cifra de 10.000 visitantes. Conta con mais de vinte e cinco cursos e obradoiros para a elaboración de pezas ou traxes tradicionais, impartndo técnicas de corte, confección e bordado. Comisario e organizador de catorce pasarelas e mostras de traxe tradicional, destacando "Sete varas, un refaixo" no Pazo da Deputación de Pontevedra, no Teatro Colón da Coruña e na Cidade da Cultura en Santago de Compostela.

Poñente nunha ducia de conferencias ao redor da indumentaria tradicional galega ao longo de toda a xeografa do país. Director artstco de seis espectáculos músico teatrais de gran formato realizados con carácter anual no Teatro Principal de Pontevedra ao redor da cultura, música e danza tradicionais galegas.

O acto da homenaxe será o venres 31 de maio ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre José Luis Rodríguez Álvarez, David Quiñones Vázquez.

Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregará un libriño homenaxe aos asistentes ó acto.

Contaremos coa actuación do Grupo de Pandereteiras da A.C.G., dirixido por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e coa actuación da Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Rosa González.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 O pasado sábado pola tarde, como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa organizou un Desfile polo Día das Letras Galegas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones