Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Este sábado botaron a andar en Oia as -Conversas na Costa dos Castros-

A antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas abrríu o ciclo coa presentación do seu libro -As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia-

A antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas abrríu o ciclo coa presentación do seu libro -As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia-

Fecha: 25 de Marzo de 2019

Fuente: Costa dos Castros

A Asociación Costa dos Castros deu comezoo pasado sábado a un novo proxecto divulgativo, neste caso un ciclo de charlas que, baixo o título "Conversas na Costa dos Castros", aposta por achegar á veciñanza o coñecemento e o traballo que se está a facer arredor do patrimonio local. As conversas arrancaron o pasado sábado día 23 de marzo na Casa Cultural de Mougás, coa presentación do libro "As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia" da antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas.

Baixo un formato de entrevista, que pretende un enfoque divulgativo dos temas a abordar, as "Conversas na Costa dos Castros" queren difundir e valorizar o traballo que se está a facer arredor do patrimonio local, dando a coñecer investigacións, achados e novos enfoques sobre cuestións como o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e o intanxible-inmaterial.

A antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas foi a encargada de abrir o ciclo, presentando o seu libro titulado "As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia", que recompila as sensibilidades de 16 persoas veciñas de Oia.

Traballo de campo

Esta publicación recolle os resultados do traballo de campo que a investigadora desenvolveu durante 2015 e 2016 en Oia, no marco dunha colaboración entre o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e o proxecto de arqueoloxía en comunidade de Costa dos Castros.

Así, plásmase o sentir dunha mostra da veciñanza, á que se lle pediu a súa opinión sobre que é o máis valioso de Oia, a súa visión persoal sobre o patrimonio, que elementos (tanto tanxibles como intanxibles) lles gustaría que se conservasen e que cousas cren que non se deberían perder.

O obxectivo desta publicación consiste en promover a reflexión sobre o significado do concepto "patrimonio" e, ao mesmo tempo, "poñer cara, corpo e palabra a esas persoas, tanto maiores coma novas e crianzas, que valoran o seu patrimonio, cóidano, mantéñeno, protagonízano, víveno e rememórano", segundo afirma a propia autora no libro.

A autora

Guadalupe Jiménez-Esquinas (Córdoba, 1984) é antropóloga, doutora internacional pola Universidade do País Vasco (2018), mestrado en Estudos de Xénero (2010, CSIC-UIMP ), licenciada en Antropoloxía (UCM, 2009) e diplomada en Enfermería (UCO, 2005). Realizou a súa tese doutoral cunha bolsa Jae-Predoc no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e ten traballado como investigadora en antropoloxía vinculada ao proxecto internacional NEARCH (New Scenarios for a Community-Involved Archaeology, programa Culture da U.E.).

Na actualidade é profesora axudante doutora na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O seu traballo enmárcase nos estudos críticos do patrimonio e céntrase especialmente na análise feminista dos procesos de patrimonialización e transformacións na paisaxe, a poboación, a economía e as artesanías. Xunto ao seu grupo de investigación tamén está a desenvolver estudos sobre a participación social na xestión do patrimonio cultural. En 2017 recibiu o premio da USC á introdución da perspectiva de xénero na investigación. Ten publicado capítulos de libro e artigos en revistas como PH, Anthropology Today, Tourist Studies e Journal of Sustainable Tourism.

A publicación "As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia" está dispoñible para descarga na seguinte ligazón: https://digital.csic.es/handle/10261/169237

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

A antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas abrríu o ciclo coa presentación do seu libro -As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia-

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones