Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

Fecha: 06 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€.

Contase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

O venres 5 de xullo ás arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como MONCHO BORRAJO. Actor, humorista e showman nacido en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón.

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

O recoñecido cómico, MONCHO BORRAJO realizou a súa actuación ante o público da carpa ás 22.30h co seu último espectáculo "BORRAJO PERDIDO". Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.

Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.
Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como "Petróleo" en Mareas vivas. Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones