Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - HOMENAXE A D. FRANCISCO ÁLVAREZ-KOKI NA GUARDA

Francisco Álvarez-Koki naceu na Guarda en 1957 e reside en Nova Iorque dende 1984.

O acto da homenaxe contou cunha intervención sobre Francisco Álvarez-Koki por parte de Dona María do Camino Noia, catedrática da Universidade de Vigo.

Fecha: 06 de Junio de 2015

Fuente: Infomiño.com

Trala Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. celebrada o día 23 de abril de 2015, foi elexido D. Francisco Álvarez-Koki para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2015, multitudinario acto que se levou a cabo o pasado Venres día 5 de Xuño de 2015 no Salón de actos do Centro Cultural de A Guarda.

Francisco Álvarez-Koki naceu na Guarda en 1957 e reside en Nova Iorque dende 1984. É autor de obra poética e narrativa. Ten sido antologado en distintas antoloxías e colabora en xornais de literatura de España, Portugal e Latinoamérica. Corresponsal en Nova Iorque do xornal galego "A Peneira".

Ten publicados en galego os poemarios Lexanías, Maruxía, Máis aló de Fisterre, Alén da fronteira, Para abril e amantes; e as obras en narrativa Ratas en Manhattan, Un neno na emigración.
Publicou poemas nas seguintes obras colectivas: A Coruña á luz das letras, En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, A cidade na poesía galega do século XXI, 150 cantares para Rosalía de Castro.

En castelán ten publicados os poemarios Poemas del verbo amar, Soliloquios del silencio, Para el amor pido la palabra, Sombra de luna, Desde la otra orilla, Entre dos aguas, Entre tu cuerpo y mi cuerpo, Nueva York en nueve poetas, Al fin del siglo.
Publicou poemas nas seguintes obras colectivas: Nueva York en nueve poetas, Doce poetas entre rascacielos, Miradas de Nueva York, Seis narradores en Nueva York.
Tamén é coautor co poeta colombiano Miguel Falquez-Certain, da obra de teatro Quemar las naves, primeiro premio no concurso Nuevas voces del Teatro Repertorio Español.

O acto da homenaxe contou cunha intervención sobre Francisco Álvarez-Koki por parte de Dona María do Camino Noia, catedrática da Universidade de Vigo.

Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregou un libriño homenaxe aos asistentes ó acto, onde se profundiza sobre a vida de Francisco Álvarez-Koki.

Durante o transcurso do acto contouse coas actuacións do Grupo de Pandeiretas da A.C.G., dirixido por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e o Quinteto de metais "Ray-Band Brass", formado por compoñentes da Agrupación Musical da Guarda.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 5 Xuño 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones