Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - II RUTA DO PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO NA GUARDA

Durante nove días e coincidindo coa celebración da Semana Santa os veciños da Guarda, visitantes e turistas poderán degustar do pincho da Lamprea do Miño de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas.

Nesta segunda edición participarán 18 restaurantes e bares e como novidade tamén participa un do Rosal que ofrecerán o pincho da Lamprea do Miño a un prezo único de 2 ?.

Fecha: 28 de Marzo de 2015

Fuente: Infomiño.com

RUTA DO PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO 2015

Semana santa: Do sábado 28 de marzo ó domingo 5 de abril

A "RUTA DO PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO" xurdiu en 2014 da inquietude dos viveiristas e pescadores da lamprea da Guarda para dar a coñecer e promocionar a Lamprea do Miño entre o público como un pincho a un prezo alcanzable.

Moitos só conciben a lamprea como o prato principal nunha celebración especial polo que esta ruta é unha excelente oportunidade para degustar a lamprea como un aperitivo que acompañe ó viño e á boa compañía. Ademais a ruta tamén facilita que proben a lamprea aqueles interesados en coñecer o seu sabor.

En 2014 a ruta tivo unha excelente acollida na súa primeira edición con máis de 2.500 pinchos servidos nos restaurantes e bares participantes. Sen esquecer os comentarios e felicitacións dos participantes polo que a ruta continúa este ano. A maioría dos establecementos escolleron a elaboración tradicional da lamprea, a bordalesa, é dicir, cociñada na súa sangue e servida con arroz branco e pan tostado. Aínda que houbo novas receitas que sorprenderon polo sabor e presentación.

Durante nove días e coincidindo coa celebración da Semana Santa os veciños da Guarda, visitantes e turistas poderán degustar do pincho da Lamprea do Miño de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas. Nesta segunda edición participarán 18 restaurantes e bares e como novidade tamén participa un do Rosal que ofrecerán o pincho da Lamprea do Miño a un prezo único de 2 €.

Cada restaurador ten liberdade na creación da súa proposta tendo en conta que o sabor da lamprea dominará nun pincho de calidade e para fomentar esta calidade este ano volvese a organizar o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño entre os restaurantes e bares adheridos. Os responsables de escoller o establecemento co mellor pincho serán os participantes puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentarán e depositarán nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta. Ademais de coñecer as valoracións dos restaurantes, as papeletas permitirán coñecer un número aproximado de pinchos servidos.

Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizarase o mércores 8 de abril e o venres 11 os cinco premiados recollerán os agasallos: o 1º unha caixa de 6 botellas de viño Albariño e os demais unha caixa de 6 botellas de viño do Ribeiro cada un. Tamén o venres 11 o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada.

Os 19 restaurantes e bares disporán de papeletas e urnas para facilitar a participación na elección do Mellor Pincho de Lamprea do Miño 2015.

A promoción da ruta:

-Distribución de 100 carteis e 4.000 papeletas

-Presentación ante os medios de comunicación

-Presencia en medios de comunicación dixitais e escritos.

-Cuñas de radio na área metropolitana de Vigo e nas comarcas próximas ó Concello da Guarda. 

Organiza: Viveiristas e pescadores do Miño da Guarda

Patrocina: Concello da Guarda

Participan 19 restaurantes e bares, dos cales 18 son da Guarda: :

1.    APARTHOTEL MAROUCO

2.    BAHÍA

3.    BITADORNA

4.    BRETEMA

5.    BRISAMAR

6.    CASA AQUILINO

7.    CASA DO OUTEIRO

8.    GAVIOTA

9.    LA PIZZICATA

10. MARBELLA

11. MARUSÍA

12. NOVO PORTIÑO

13. O CANGREXAL

14. O NOVO FUNIL

15. O PASEO

16. SAN ROQUE

17. XANTAR

18. XEITO

E como novidade participa o restaurante PARADELA de San Xoán de Tabagón no Rosal.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 19 Marzo 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones