Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Inaugurada a Mostra -GalizAmérica- na Guarda

O pasado xoves día 25 de outubro o Centro Cultural de A Guarda acolleu o acto de inauguración da mostra GalizAmerica

O pasado xoves día 25 de outubro o Centro Cultural de A Guarda acolleu o acto de inauguración da mostra GalizAmerica

Fecha: 27 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 10 de novembro a exposición «GalizAmérica», unha mostra que amosa o florecemento da cultura galega en América e compleméntase coa proxección do filme ‘A cicatriz branca' de Margarita Ledo.

O pasado xoves día 25 de outubro o Centro Cultural de A Guarda acolleu o acto de inauguración da mostra GalizAmerica, que contou coa presenza do deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, do alcalde da localidade, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Elena Baz e da comisaria Carmen Carreiro.

Esta exposición, de carácter itinerante, forma parte do programa de actividades do Ano da Lingua da Deputación e fai un percorrido pola evolución da lingua e da cultura galegas no exilio durante os anos da ditadura. Na súa intervención, Xosé Leal fixo especial fincapé en que "grazas a esta iniciativa podemos amosar por varios puntos da provincia todo o traballo que realizaron os intelectuais galegos exiliados, e os eu esforzo por manter vivo o facho da nosa cultura e da nosa lingua". O deputado nacionalista tamén se referiu a "eses anos escuros da nosa historia, que foron os do fascismo, e que obrigaron a moitas persoas comprometidas coa democracia e coa liberdade a seguir loitando lonxe das nosas fronteiras pero sempre coa patria e a cultura de noso como guía".

Hai que lembrar que esta exposición, comisariada por Carmen Carreiro e por Ramón Nicolás, iniciou a súa andaina pola provincia no concello de O Grove, continuou por Gondomar, e tras pasar por A Guarda, seguirá por Redondela, onde permanecerá do 15 de novembro ao 2 de decembro, e rematará en Poio, onde estará do 5 ao 23 de decembro. Esta exposición, ademais da información e da documentación que recolle nos paneis, tamén se complementa con conferencias e coa proxección do filme ‘A cicatriz branca' de Margarita Ledo. No caso de A Guarda, tras o acto de apertura, tiveron lugar dúas microconferencias. A primeira a cargo de Mónica Rebolo, titulada ‘Sempre en Galiza, a voz dos galegos no Río da Plata', e a segunda a cargo de Phillip Duncan baixo o epígrafe ‘Entre Vigo e Asunción: Avelino Elías no exilio (1936-1958)'. A proxección do filme está prevista para o xoves 9 de novembro ás 20:30 horas no mesmo Centro Cultural.

GalizAmerica está composta por 13 paneis no que vai percorrendo diferentes fitos históricos do exilio e o espertar da conciencia galega a través dos intelectuais emigrados, fundamentalmente en cidades significativas como Bos Aires e Montevideo. Está estruturada en tres grandes apartados: o primeiro versa sobre a represión, atendendo a como se relaciona o exilio coa súa causa máis inmediata. A este apartado corresponden os paneis que explican o por que do exilio como punto de partida da mostra, así como a travesía e a viaxe que implicaba, a través dos barcos e dos portos dos que partían, que xusto despois da guerra eran maioritariamente franceses, xa que as persoas exiliadas en moitas ocasións partían de campos de concentración do país veciño. O segundo apartado céntrase no nacemento dos centros galegos máis importantes de América e a súa función como lugares de espertar e florecemento da conciencia galega. Mentres que a terceira parte da mostra corresponde á relación do exilio interior co exilio exterior con especial incidencia en programas de radio, na publicación de manifestos e na edición de libros e revistas na diáspora. Os paneis desta parte recollen fotografías de programas de radio, de xuntanzas e de portadas de libros impulsados pola alianza dos intelectuais exiliados, e procedentes de diferentes campos creativos, como foron Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro.

O horario de visita de GalizAmerica na Guarda é de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 os sábados.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  O pasado xoves día 25 de outubro o Centro Cultural de A Guarda acolleu o acto de inauguración da mostra GalizAmerica

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones