Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INICIO DAS XORNADAS EMPRÉGATE EN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

Preto dunha quincena de alumnos participan nestas xornadas ata o vindeiro 18 de Outubro

Fecha: 09 de Octubre de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes 8 de Outubro tivo lugar na sede de Érguete Baixo Miño  na Guarda a xornada inaugural das Xornadas "Emprégate: quítalle partido ás túas ideas" nas que estiveron presentes representantes deste colectivo, o Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Comercio, Facenda e Turismo, Sra. Montserrat Magallanes, así como un representante de Informática San Benito, Sr. Joaquín Franco.

As Xornadas Emprégate é un proxecto que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar -- Dción. Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove e o Concello de A Guarda. Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa finalidade de materializalas exitosamente.

As partes das que consta o proxecto son as seguintes:

-*Taller "Descubrindo as miñas potencialidades"*onde nos embarcaremos durante dous días na creación de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.

-*Seminario "Alternativas empresariais: aspectos legais"*terá lugar nunha xornada consistente en orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e sobre axudas, subvencións e financiamento.

-*Exposición "Compartindo experiencias"*será unha xornada participativa de presentación de experiencias de persoas emprendedoras

-*Workshops "Fai realidade a túa idea"*en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e aportando coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples as ideas que na cabeza parecen complexas.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones