Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - José Ángel Gándara presentou na Guarda o seu libro -Colón rumbo a las Yndias-

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo dar os seus parabéns a José Ángel Gándara, por ter logrado levar o nome da Guarda polo mundo adiante a través desta importante colección filatélica

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo dar os seus parabéns a José Ángel Gándara, por ter logrado levar o nome da Guarda polo mundo adiante a través desta importante colección filatélica

Fecha: 13 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado mércores día 10 de outubro a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a presentación do libro «Colón rumbo a las Yndias» da autoría de José Ángel Gándara, un acto que contou coas intervencións do autor, José Ángel Gándara; do coordinador do libro, Celso Fariñas; do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e do tudense experto no Colón Galego, Antonio Cid Vázquez.

Máis de medio centenar de persoas asistiron a esta presentación na que o autor explicou aos presentes a importancia e o funcionamento dunha colección filatélica sobre unha temática concreta coma é o caso da súa colección «Colón rumbo a las Yndias», recollida nesta publicación, e que a amosa tal e como se pode observar nas diferentes exposicións nas que ten participado a nivel nacional e internacional, acadando importantes éxitos que se recollen no seu amplo palmarés, destacando coma Mellor colección filatélica de España no ano 2006, Medalla de ouro na Exposición Mundial de Brasil no ano 2017 ou a dobre Mellor colección temática en exposicións nacionais de «Exfilna».

O libro tamén recolle fotografías de trofeos, medallas e diplomas acadados pola colección ao longo da súa historia, que comezou, segundo relata José Ángel Gándara, sobre os anos 1987, cando comezou a xuntar selos sobre a temática colombina, e oficialmente no ano 1994, cando iniciou a colección como tal.

O libro conta con numerosos artigos sobre filatelia xa publicados acerca do tema colombino e tamén sobre o Colón Gallego, contando coas aportacións sobre esta temática do tudense Antonio Cid.

Para José Ángel Gándara, o libro ten o obxectivo de dar a coñecer ao público o que é realmente unha colección filatélica e, neste caso, unha colección filatélica temática, que non só se trata de xuntar selos, senón que leva consigo unha parte de documentación que conta a historia ilustrada con diverso material filatélico. Tal e como manifestou neste acto de presentación, esta colección e un traballo do día a día, da busca de novas aportacións, documentación, estudo... ao longo de máis de 20 anos.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo dar os seus parabéns a José Ángel Gándara, por ter logrado levar o nome da Guarda polo mundo adiante a través desta importante colección filatélica, valorando ademais o apoio recibido dende diferentes colectivos e particulares coma Infomaxe, o Instituto de Estudos Miñoranos, a Federación Galega de Sociedades Filatélicas ou a Asociación Piueiro para que esta publicación saíse á luz, un traballo que implicou a moita xente.

Dende a Concellería de Cultura convídase a toda a cidadanía guardesa a coñecer o libro deste coleccionista filatélico guardés, financiado polo Concello da Guarda, e a asistir a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO, que se celebra do 11 ao 17 de outubro na Casa dos Alonsos.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo dar os seus parabéns a José Ángel Gándara, por ter logrado levar o nome da Guarda polo mundo adiante a través desta importante colección filatélica

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí