Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Máis dunha trintena de persoas participaron na Gran Recollida de plásticos na Costa

En total os participantes cubriron a zona de costa comprendida entre o Punta, na desembocadura do Río Miño e As Orelludas no termo municipal de Oia.

En total os participantes cubriron a zona de costa comprendida entre o Punta, na desembocadura do Río Miño e As Orelludas no termo municipal de Oia.

Fecha: 22 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.

Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa de A Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

O grupo de voluntarios reuniuse previamente ás 8:00h da mañá na Alameda da Guarda, onde atenderon as explicacións do funcionamento desta actividade e se repartiron os sacos e luvas para poder recoller os plásticos da costa.

De seguido, e repartidos en grupos, os voluntarios desprazáronse a diferentes puntos da costa entre a desembocadura do Río Miño na Guarda e ata a zona das Orelludas en Oia, recuperándose un total de 73 sacos de plásticos, 32 sacos na Guarda, 21 sacos no Rosal e 20 sacos en Oia.

Destacan coma curiosidades que se retiraron da costa numerosos aparellos de pesca, cordas, cordeis, boias, caixas de plástico, pezas de poliéster, mangueiras, así como tamén unha roda dun turismo e varias tubaxes de PVC.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Xan Lois Lomba, destacou a boa acollida desta actividade, agradecendo a implicación de O Buxeiro e a participación dos voluntarios, destacando que este tipo de iniciativas son moi importantes para concienciar aos veciños e veciñas sobre o grave problema da contaminación con plásticos nos nosos mares, á vez que se contribúe á mellora medioambiental do noso entorno.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

En total os participantes cubriron a zona de costa comprendida entre o Punta, na desembocadura do Río Miño e As Orelludas no termo municipal de Oia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones