Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS QUE COMERCIO! PREMIA AOS CLIENTES DO CCA DA GUARDA QUE ELIXAN O SEU NEGOCIO FAVORITO

Os clientes dos establecementos asociados a este centro comercial aberto poden escoller ao longo do mes de maio o seu negocio favorito e optar a agasallos e premios en metálico para mercar no comercio local

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria está a percorrer os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano

Fecha: 09 de Mayo de 2014

Fuente: Infomiño.com

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou o pasado Xoves a dinamización comercial que suporá a iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolve nos establecementos asociados ao centro comercial aberto da Guarda este mes, e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.

Vázquez Abeal resaltou que os clientes dos comercios asociados a este CCA recibirán durante todo maio un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com . Neste, votando ao seu establecemento favorito optarán a un premio en metálico de 200 euros e outros dous de 100, ademais de participar no sorteo de diferentes agasallos propio centro comercial aberto. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na mesma recibirá un recoñecemento público ao seu labor no impulso do comercio de proximidade.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria está a percorrer os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, resaltando os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade. Ademais, pon de relevo o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones