Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MILLEIROS DE VISITANTES DISFRUTARON DA XXIII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA NA GUARDA

O evento congregou tanto a visitantes extranxeiros coma veciños de concellos limítrofes.

Fecha: 08 de Julio de 2013

Fuente: Infomiño.com

A vila de A Guarda acolleu durante os días 5, 6 e 7 de xullo a XXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, na que a langosta e os productos do mar foron os claros atractivos desta cita gastronómica ofertada a través de 6 restaurantes.

Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Langosta converteuse na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros e conseguindo achegarse a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.

A festa celebrouse na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Dende hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan stands diferenciados na carpa, xunto con stands de turismo, cafetería e postres, co Roscón de Xema Guardesa coma principal atractivo para despois do xantar.

Nesta edición seis restaurantes ofreceron a langosta en diferentes preparacións(cocida, á prancha ou en salpicón), xunto con máis de 25 produtos e pratos mariñeiros coma as vieiras, calamares, percebes, entre outros.. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, os bastóns do camiñante, etc.

Este ano, a compañía galega de teatro "FULANO, MENGANO E CITANO" foron os escollidos para a lectura do pregón que se celebrou un ano más na Praza do Reló o pasado venres día 5 de Xullo.

Trala lectura do pregón procedeuse á apertura da carpa na explanada do Porto e os interesados xa puideron dar conta e degustar a gastronomía guardesa xunto o grupo teatral "FULANO, MENGANO E CITANO" que ofreceu unha representación chea de humor.

A programación de actividades muda cada ano e nesta edición tratouse de ofrecer  novidades como a noite do sábado coa actuación do grupo feminino de pop-rock  "THE TETAS VAN" que ofreceu unha actuación do máis divertido, con versións de cancións moi coñecidas por todos que son reinterpretadas e traducidas ao galego. Para a noite do domingo tentouse sorprender ca actuación do grupo de swing DR. SWINGLOVE, que ofreceu un amplo repertorio de cancións.

Os nenos contaron con novas actividades: a Festa do Deporte con moitos xogos para enredar durante a tarde do sábado e na xornada do domingo un Festival Musical, un espectáculo de animación infantil onde os nenos, e non tan nenos, puideron bailar ó son da música máis actual. Ademais o domingo houbo un espectáculo especial co artista galego, ROI O CAGABOLAS, que ofrece unha actuación chea de malabares e moito humor que sorprendeu a nenos e maiores. A festa contou novamente ca Feira de Artesanía na rúa do Porto, na que más dunha veintena de artesáns ofertaron os seus productos.

O grupo de Gaitas Os Petóns, foron os encargados da realización de pasarrúas e animación musical durante as xornadas nas que se realizou esta festa gastronómica.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones