Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - NOVA CITA GASTRONÓMICA NO BAIXO MIÑO CON TAPEARTE A GUARDA 2015

Foi presentado na mañá de onte, cunha gran variedade gastronómica para os máis esquisitos paladares.

Os horarios para probar estas elaboracións son de 12 a 13,30 horas pola mañá, e de 19 a 21 horas pola tarde.

Fecha: 05 de Junio de 2015

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves presentouse na Casa dos Alonsos a terceira edición da ruta "Tapearte" na que participan un total de dezanove locais, entre restaurantes, bocaterías e xamonerías. Neste evento, que se desenrolará dende o día catro, ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras e San Antonio, ofrécense tapas moi variadas e de gran calidade a un prezo de dous euros. Os horarios para probar estas elaboracións son de 12 a 13,30 horas pola mañá, e de 19 a 21 horas pola tarde.

 

Os restaurantes que participan nesta iniciativa son "Arruaz", "Bahía", "Bitadorna", "Brisamar", "Casa do Outeiro", "Gaviota", "La Pizzicata", "O Cangrexal", "O Paseo", "O Roxo", "Xantar", "Xeito" e "Trasmallo". Ademais tamén ofrecen as súas receitas nas bocaterías "Brétema" e "Marbella", na xamonería "Avenida", o hotel "El Molino", o Aparthotel "Marouco" e na tapería "Vaite Vindo". Entre as tapas que se ofrecen hai moita variedade, así os comensais poden escoller entre, por exemplo, unhas filloas recheas, brochetas de produtos de mar, salpicón, ou tapas baseadas en ternera galega ou chipiróns.

Entre todas as persoas que se animen a probar algunha das tapas da ruta se sorteará un fin de semana para dúas persoas no Parador de Tui, e outros dous fines de semana no Hotel Molino e no Aprtahotel Marouco, da Guarda.


Na presentación, na que estiveron presentes o alcalde José Manuel Domíminguez Freitas, a Concelleira de Turismo Montserrat Magallanes e a maior parte dos hosteleiros, destacouse a calidade das tapas. "Nesta terceira edición de "Tapearte" se volve a por en valor a gran variedade nas receitas e os bos produtos utilizados", dixo a Concelleira de Turismo. Ademais, Montserrat Magallanes, resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis.

 

Pola súa banda, Domínguez Freitas, quixo destacar a importancia deste evento que servirá, segundo dixo, de efecto chamada a moitos visitantes, tanto de preto coma da lonxe. O alcalde pechou o acto de presentación afirmando que, coma en edicións pasadas, esta nova ruta gastronómica terá "un rotundo éxito" debido a calidade da gastronomía da Guarda.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 4 Xuño 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones