Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - NOVA XUNTA DIRECTIVA NA COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS

O pasado día 30 de Xaneiro de 2016 tiña lugar a elección da nova Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Camposancos en A Guarda.

O pasado día 30 de Xaneiro de 2016 tiña lugar a elección da nova Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Camposancos en A Guarda.

Fecha: 25 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

A extensión de Monte pertenecente a Comunidade de Montes de Camposancos é de 76,10 Has. clasificado coma terreos da Comunidade de Camposancos dende Setembro do ano 1988, sendo o Primeiro Presidente D. Agustín Alfonso Alonso, quen pasa agora a ser Secretario despois de haber pasado un largo tempo sin desenrolar cargo. A Primeira xunta reitora fixo dúas prantacións na zona de Chans dunhas 4 hectáreas, previa deforestación das acacias e eucaliptos que invadían esa zona. A segunda xestora foi presidida por Valentín Portela Loureiro, realizándose durante este período a apertura dunha pista forestal dende o terreiro de San Amaro ata a carretera de Acceso o Monte dende A Guarda pasando  por Chans, esta pista en parte foi totalmente nova, a zona que agora está asfaltada, non esistía, o camiño que vai por a Piollosa era o sendeiro que había, e dende Seixos Alvos ata Chans ancheouse. Tamén neste período destaca a apertura da pista que dende Seixos Alvos descende por Espiñeiro ata o barrio de Saa.

A terceira xestora estivo presidida por D.Álvaro Martínez Carrero, onde se levaron a cabo numerosas actuacións para a erradicación de acacias e eucalitos, fixéronse prantacións de árbores nobles, realizouse o parque de lecer en Chans...Foi no ano 1991 cando, sendo alcaldesa Purificación Álvarez,  se recoñeceu o dereito sobre a propiedade e se comezou a cobrar a tasa por subida dos visitantes do Monte, chegando finalmente a un acordo co Padroado do Monte Sta. Trega, que segue en funcionamento a día de hoxe. Tamén con esta xestora acondicionouse con xabre a pista que dende Seixos Alvos descende ata Espiñeiro e Saa porque a auga dos invernos a destozaba, mercouse un solar no barrio de Outeiro, na baixada da Igrexa, onde se construiu a Casa da Comunidade. En colaboración con Patrimonio da Xunta de Galicia, editouse un libro no ano 1998, que foi presentado o día 31 de xullo  "CRONICAS DE CAMPOSANCOS Y SU ENTORNO" baixo a autoría de Rvd. D. Antonio García Lago, que durante 14 anos foi párroco. Tamén nese período mercouse a finca Do Crego, onde na actualidade se ubica un parque e zona de lecer. A Álvaro o sucedeu na Presidencia José Luis Sabaris Bento quen por motivos de traballo dimitiu e o sustituiu de forma provisional a vicepresidenta Dña. Iris M. Ramirez Carrero, sendo súa lexislatura cando se fixo unha prantación cos rapaces dos colexios o carón do campo de Chans, valáronse uns sendeiros do montee  reparáronse a parede do campo de Chans.

O pasado día 30 de Xaneiro de 2016 tiña lugar a elección da nova Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Camposancos en A Guarda. Esta é a primeira vez que se presentaron dúas candidatura á elección de xunta directiva.

Nova xestora as portas da Casa da Comunidade de Montes

Nova Xunta Directiva

D. José Fernando Martínez Martínez, Presidente (Nando)

D. Mario Baró Pereira, Vicepresidente 

D. Agustín Alfonso Alonso, Secretario (Mora)

Dña. Lucía Diz Martínez, Tesorera

Dña. Glaría Portela Loureiro (Glorita), Vocal

Dña. Ana Belén Serrano Diaz del Río (Ana) Vocal

Dña. Esther Rodriguez Sobrino, Vocal

D. Juan Carlos González González (Vocal)

D. Domingo Portela Lorenzo (Mingos) Vocal  

Presuposto para o ano 2016.

Para o presente ano 2016, a Comunidade de Montes de Camposancos contará cun presuposto aproximado de 100.000€.

Xa de inmediato contrataráse a catro peóns forestais para, comezando por Mergelina, tratar de eliminar as acacias e os eucaliptos. A nosa prioridade é conseguir que esta zona do monte sexa un parque forestal, de xeito que dende os limites de Chans coas propiedades ata Saa, a zona de O Aloque e dende O Aloque ata a Sangriña, proceder  a eliminar as acacias e eucaliptos para plantar árboles nobles (autóctonos). Daráse prioridade ós parados ou persoas en risco de exclusión social de Camposancos.

Parte da xestora no MASAT de Sta. Trega

Visita ás excavacións de Mergelina

Colaboración coas administracións.

Dende a nova xestora manifestan o seu desexo dunhas relacións institucionais fluídas e correctas, tendo xa unha primeira toma de contacto cos Srs. Alcaldes de A Guarda e da ELMC de Camposancos, así como co Concelleiro de Patrimonio D. Xavier Crespo, "a nosa intención é a de colaboración mútua". Existe xa un principio de acordo para o arranxo de pistas forestais e reparación dos danos que o temporal causou no parque da finca do Crego, que nunha primeira valoración poderían superar os dous mil euros.

Próximas actividades e novos proxectos.

Dende a nova xestora manifestaron que se continuarán todas actividades que ata o de agora se facían, engadindo algunhas novas que se están a planificar coma un grupo de teatro, un clube de lectura na biblioteca, andainas, etc... "a nosa intención é organizar un acto cultural cada mes. Estáse a ultimar un acto cultural por Rosalía de Castro e tamén a presentación da novela "Las huellas de la memoria" escrita pola coruñesa Marga Rosende.

No plan de defensa contra os incendios a limpeza de acacias será un paso fundamental, "unha tarefa a desenrolar en varios anos, tal e como está o monte temos muito que limpar."

 

 

Incendio no Monte Sta. Trega en Agosto de 2015

Todos os anos polo nadal organizanse actos culturais e por San Amaro a xa recoñecida cita gastronómica da Paletada-Laconada.

O noso obxetivo principal é promover o uso social e sostible do Monte, para que as futuras xeración poidan disfrutalo así coma facer partícipes ós comuneiros en todo momento das decisións da xestora. 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones