Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O BNG DE A GUARDA REALIZOU UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

A actividade realizouse na Alameda de A Guarda o Sábado 23 de Novembro de 2013

Fecha: 25 de Noviembre de 2013

Fuente: Infomiño.com

A violencia machista é a manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. Vivir sen violencia é un dereito irrenunciábel para todas as mulleres.

Nos últimos tempos, o incremento do paro e o desmantelamento dos servizos públicos está empobrecendo de xeito especial ás mulleres e aumentando gravemente a nosa vulnerabilidade ante a violencia machista.

A dependencia económica é un obstáculo enorme para as vítimas de violencia de xénero que lles impide racharen coa situación que pon en perigo as súas vidas. Lamentablemente, coa desculpa da crise, as administracións públicas están a recortar programas e recursos imprescindíbeis para que as mulleres que sofren esta situación poidan saír adiante. O emprego, a independencia económica das mulleres é a principal ferramenta para a prevención da violencia de xénero. Os concellos deben contar cos recursos necesarios para desenvolver programas contra a violencia de xénero e os gobernos galego e español deben garantir que se apliquen con dilixencia as leis de prevención e protección contra a violencia de xénero. Todas as mulleres que sofren violencia machista deben ter a seguridade de contar con recursos económicos para a súa independencia, asistencia psicolóxica para superar as secuelas e asistencia letrada gratuíta. Non imos permitir recortes que xoguen coa vida e coa saúde de ningunha muller.

A falta de políticas comprometidas coa educación en igualdade está permitindo que se transmitan valores de submisión e sacrificio como carácteres positivos para as rapazas nas súas relacións afectivas. A idea da heroína romántica difúndese na literatura e no cine orientado á mocidade. Xa avanzado o século XXI, o número de vítimas do machismo é moi elevado entre as mozas máis novas e lonxe de erradicarse, vai en aumento. Esiximos programas de prevención e educación en igualdade para cortar a transmisión de ideas machistas que sustentan a violencia.

As administración deben tamén pór en marcha as medidas necesarias para erradicar comportamentos que sustentan a violencia machista na sociedade. A difusión de publicacións e opinións que atenten contra a dignidade das mulleres e promovan a desigualdade e a violencia machista deben ser sancionadas. Libros como Cásate y sé sumisa, páxinas de contactos nos xornais, certos comentarios de personaxes públicos, políticos e relixiosos non poden ser tolerados. O terrorismo machista está torturando e matando, está impedindo que as mulleres vivamos en paz e en igualdade. A tolerancia é complicidade.

A ameaza da volta atrás en logros conquistados despois de longos anos de loita feminista coma o dereito ao aborto tamén é violencia machista. O dereito a decidir sobre o noso corpo é innegociábel, non recoñecelo é un ataque directo á nosa dignidade. Non imos tolerar ningún paso atrás nos nosos dereitos!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones