Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - O CONCELLO DA GUARDA E O MUNICIPIO DE CAMINHA UNEN FORZAS PARA CONVERTER O ESTUARIO DO RÍO MIÑO EN PAISAXE CULTURAL DA UNESCO

O alcalde guardés, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara Municipal Miguel Alves mantiveron unha reunión bilateral

O alcalde guardés, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara Municipal Miguel Alves mantiveron unha reunión bilateral

Fecha: 07 de Noviembre de 2015

Fuente: Infomiño.com


O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves, mantiveron esta mañá un encontro bilateral no Concello guardés no que se trataron diferentes temas. Nesta cita tamén estiveron presentes varios Concelleiros e vareadores de ambas localidades.

Un dos temas de máis consideración e importancia deste encontro foi o proxecto común entre ambos municipios que ten coma obxectivo converter o Estuario do río Miño en Patrimonio Mundial da UNESCO dentro da categoría de Paisaxe Cultural.

"É unha proposta moi interesante e con moitas posibilidades de chegar a bo fin. Temos moitas ganas e enerxía", comentou Antonio Lomba, na rolda de prensa tras o encontro.

"O que buscamos é facer xustiza co Estuario do Miño e convertelo no que se merece.", afirmou o Presidente da Cámara Municipal de Caminha.

Neste proxecto, que ten dúas etapas, a primeira a inscrición na lista indicativa -cunha duración mínima dun ano polo que se traballará para o 2017- e a segunda a candidatura, ambos concellos contan coa colaboración de Jordi Tresserras, experto en Patrimonio Cultural e experto en Candidaturas da UNESCO.

"Creemos que esta candidatura ten moitas posibilidades xa que sendo unha candidatura conxunta e reúne todas as condicións, xa que é un espazo con excepcionalidade e singularidade", contou Tresserras.

Ademais, continuou, tendo en conta que son moi poucos os espazos catalogados coma Paisaxe Cultural de UNESCO, as posibilidades son maiores.

Tras dar o pistoletazo de saída a esta campaña, afirmaron tanto o alcalde da Guarda coma o Presidente da Cámara de Caminha, o que se fixará será un calendario de actuacións nas que colaborarán, tanto a poboación da Guarda coma a de Caminha. "No ano 2016 a cidadanía tanto galega coma portuguesa xa formará parte desta candidatura", afirmou Luís Miguel da Silva.

"Estamos entusiasmados porque creemos nas posibilidades do Estuario do Miño e porque temos confianza nesta candidatura", sentenciou o alcalde guardés.

Ferry-boat

Neste encontro ambos gobernos falaron tamén da situación do ferry que une o municipio de A Guarda có de Caminha.
Sobre o ferry, ambos alcaldes, afirmaron que o servizo deste transporte é esencial para a estratexia económica e cultural tanto de Caminha coma de A Guarda.

Neste punto tanto Antonio Lomba coma Miguel Alves chegaron un acordo referente á débeda. Desta maneira, o goberno guardés, comprometeuse a pagar en dous prazos no próximo ano 2016, os 380.000 euros correspondentes aos anos 2006 e 2007.

Dende ese 2007 á actualidade todas as débedas están saldades.

O litixio continuará xa que o goberno de Caminha reclama ao guardés os custos de anos anteriores ao 2006, cartos que o municipio da Guarda non recoñece.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 6 Novembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí