Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O FERRY-BOAT CENTROU A ATENCIÓN DO II ENCONTRO A GUARDA-CAMINHA

Se o estado español e o portugués non se responsabiliza, o Ferry está en risco. O Ferry pode acabar no río Miño

Na mañá do Venres día 11 de Abril de 2014 tivo lugar no salón de Plenos do Concello da Guarda o II Encontro entre os municipios de Caminha e A Guarda.

Fecha: 12 de Abril de 2014

Fuente: Infomiño.com

 
Na mañá do Venres día 11 de Abril de 2014 tivo lugar no salón de Plenos do Concello da Guarda o II Encontro entre os municipios de Caminha e A Guarda.
A reunión comezou de maneira informal dándolle a benvida ó Presidente da Cámara de Caminha, e ós outros membros do goberno, e entregándolles un pequeno agasallo que simboliza a unión entre os dous municipios.
Abordaron diferentes asuntos, xunto coa cooordinación de actividades conxuntas no ámbito da cultura, deporte e ocio, como a creación dunha especie de Caminha doce. É unha proposta xa pasada, que busca facer algo semellante na Guarda do que se leva facendo en Caminha. "A repostería Portuguesa conquistará Galicia ó primeiro sabor", salientaba o Presidente da Cámara Portuguesa. A data elixida para o evento é o 31 de maio e o 1 de xuño, e ten como obxetivo fundamental dar a coñecer os produtos das pastelerías e docerías de ambos municipios.

En canto a actividades relacionadas co lúdico, anunciarán proximamente unha actividade deportiva moi novedosa e atractiva, xa que inda gardan moi bo recordo da andaina que fai pouco fixeron os dous municipios en conxunto.

Tamén levarán a cabo actividades en Caminha, polo que o día 19 de Abril, e para seguir creando lazos, presentaranse os produtos típicos da Guarda en Vila Praia de Áncora. Tamén estarán presentes algúns membros do goberno do Concello da Guarda o día do festexo da Revolución dos Cravos, que este ano celebra o seu 40 aniversario.

Para o final da presentación deixaron o tema máis importante: o Ferry, sendo o asunto que lles preocupa de maneira máis especial. "Somos conscientes de que lle estamos ofertando un mal servizo ós usuarios, é pésimo", destacaba o alcalde da Guarda.

Os dous municipios poñerán en escrito esta cruda realidade e faranlla chegar ó goberno central de Madrid e Lisboa, para que asuman a necesidade de arranxar esta grave situación. "É algo que repercute moito nos nosos concello. Polo que aproveitamos a ocasión para convidar a todos os colectivos e personaxes sociais, políticos, sindicais... a que nos remitan ideas para poder resolver este problema". Tamén vanse dirixir ó Xacobeo, buscando apoios para non perder un camiño que tanto costou recoñecer: "O Camiño Portugués da Costa morrería senón existe o Ferry".

Miguel Alves informou de que solicitarán unha reunión cos dous gobernos, para deixar clara a súa posición con respecto do Ferry. "Se o estado español e o portugués non se responsabiliza, o Ferry está en risco. O Ferry pode acabar no río Miño"

Outro tema delicado e de moita importancia que trataron foi o da débeda do Concello da Guarda con Caminha. O Concello guardés ingresará unha entrada de 47.847 euros co que reduce en gran medida esa débeda, e no mes de maio intentarán facer o ingreso dunha anualidade, posiblemente a do ano 2011. Como resultado, o goberno portugués mostrouse moi agradecido co Concello da Guarda polo seu afán para resolver os problemas, que "outros criaron e nos asumimos".

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones