Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O grupo The Pretty Shirts puxo a música á segunda sesión do proxecto -Música e Viño no Teu Camiño- na Praza do Reló da Guarda

A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible

A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible

Fecha: 14 de Octubre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O grupo The Pretty Shirts puxo o pasado sábado a música á segunda sesión do proxecto "Música e Viño no Teu Camiño" na Praza do Reló da Guarda.
 
Un evento no que o rock&roll cru e directo maridouse cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.
 
O evento comezou ás 20.30 h coa apertura dos stands de venta de viño con DO Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes puideron degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares.
 
Ás 21.00 h o actor, director e guionista guardense Nani Matos foi o encargado de dar a benvida ao público e dar paso ao concerto musical deste grupo da Guarda que segue a premisa orixinal do garage-rock: grandes doses de enerxía sobre o escenario.
 
A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible

En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación «So Good To Be Right Here» recibindo unha moi boa resposta por parte do público.

En Xuño de 2014 publican un single de dous temas titulado «Ain't No Another Love Song» e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño estudios. O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda.

En outubro de 2018 presentan «A Few Seconds» da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.


Compoñentes:
Miguel Castro - Guitarra y coros
Miguel Domínguez Lomba - Voz
Manuel González - Percusión y coros
Álvaro Vázquez - Bajo

Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela e este sábado pola Guarda, rematará en Tui.

Son todo concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionan como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones