Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O I Encontro de Ecoturismo e gastronomía do Río Miño- sitúa ao río transfronteirizo como o centro do eixo Vigo ? Porto

O evento continúa o venres coa I Xornada Gastronómica do Rio Minho en Caminha

O evento continúa o venres coa I Xornada Gastronómica do Rio Minho en Caminha

Fecha: 18 de Octubre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O ‘I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Río Miño' botou a andar hoxe na Guarda co ‘I Congreso Turístico do Rio Minho', xornada dedicada a profesionais tanto do sector privado como da administración. A apertura correu a cargo do director do AECT Rio Minho e deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e impulsor da Marca Rio Minho, Uxío Benítez.

Benítez sinalou a "situación xeoestratéxica excepcional deste territorio" emprazado no eixo Vigo- Porto, no que ademais podemos atopar "unha importante actividade socioeconómica". O deputado insistiu "na idea fundamental de entender este territorio galego- portugués como un espazo único, e ao río Miño como o seu centro". "Contar coa marca Rio Minho permítenos ter unha oferta moito máis completa e transfronteiriza que nos fai máis fortes e competentes", engadiu o director do AECT Rio Minho.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, felicitou o AECT Rio Minho polo traballo levado a cabo e os proxectos que se están desenvolvendo no territorio e salientou que o territorio transfronteirizo do río Miño ten "todos os ingredientes para que haxa un gran proxecto e un produto de turismo sostible". Ademais, sinalou que o Encontro que se celebra na Guarda "marca o inicio de algo grande, de ser capaces de construír algo que permita que crezamos xuntos, un proxecto para o futuro da xente do territorio".

Tamén participaron na presentación do Congreso turístico o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti; o director do Centro de Estudios Euro Rexionais, Valerià Paül; a directora operacional de Turismo Porto e Norte de Portugal, Susana Riveiro e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves.

Con preto de 80 asistentes, superando todas as expectativas, a sesión da mañá estivo dedicada á creación de marcas turísticas e ao marketing dixital e continuou cunha mesa redonda sobre diferentes experiencias europeas de turismo transfronteirizo. Así, abordáronse os casos de Barakaldo, en Euskadi, diferentes casos europeos e o da propia marca Rio Minho, que correu a cargo do director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez.

O catering correu de man da escola de hostelaría do CIFP Manuel Antonio de Vigo, con produtos locais "km cero" e obxectos de menaxe sustentables e reciclables, que foi acompañado por viños da a adega Terras Gauda.

Xa pola tarde, o ‘I Congreso Turístico do Rio Minho' continuou cunha formación práctica sobre a creación de paquetes turísticos.

Xornada Gastronómica en Caminha

Mañá venres celebraranse en Caminha as ‘I Xornadas Gastronómicas do Rio Minho', que tamén se dividen en dúas sesións. A da mañá, dirixida exclusivamente a profesionais do sector da hostalería, reunirá a expertas e expertos en gastronomía que debaterán sobre as relacións entre restauración e turismo. A sesión da tarde, aberta ao público en xeral, combinará presentación de produtos, charlas e catas.

O proxecto Visit Rio Minho está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O evento continúa o venres coa I Xornada Gastronómica do Rio Minho en Caminha

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones