Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O pregón de Beti Rey abríu o Centenario das Festas das Mercedes

A programación de festexos continúa ata o vidneiro 24 de setembro

A programación de festexos continúa ata o vidneiro 24 de setembro

Fecha: 17 de Septiembre de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado venres día 14 de setembro de 2018 celebrouse na PRaza dos Seixiños da Gándara o acto de apertura do Centenario das Festas das Mercedes coa lectura do pregón a cargo da locutora e comunicadora Beti Rey, que valorou a riqueza patrimonial, natural e paisaxística da Proba, Pintan e A Gándara, nun acto presentado polo seu compañeiro na Radio Municipal de Tui, José Font.

O grupo A Boalleira foi o encargado amenizar este acto, seguido da apertura da exposición sobre o centenario da Capela da Virxe das Mercedes na Casa Social de O Percamino, e a posterior actuación da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.


Na xornada do Sábado día 15 celebrouse a III Baixada de Carrilanas, un evento que contou coa participación de 11 carrilanas e numeroso público que non se quixo perder esta actividade, que non se realizaba dende o ano 1999. Xa pola noite, a Praza dos Seixiños acolleu o VIII Serán musical, contando coa participación de varios gruposmusicais da comarca.

Na xornada do Domingo 16 de setembro celebrouse a XVIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, que reuníu a un bo número de participantes entorno as diferentes categorías de competición, evento deportivo que tamén foi seguido por numeroso público. Pola tarde realizouse o concerto da Agrupación Musical da Guarda e unha representación teatral a cargo do grupo de teatro «Os Melhores do Grupo» de Oia.

A programación de festexos continúa ata o 24 de setembro, destacando  a XXXI edición da Festa da zorza, un evento gastronómico de gran arraigo na zona e que congrega a numerosos comensais.

Coma novidade o sábado 22 de setembro celebrarase tamén un concurso degustación de repostería e tortillas.

Dende o luns 17 e ata o xoves 20 de setembro realizaranse diferentes actuacións musicais contando cos grupos Treboada Virxe do Alivio, Coiro Vello, Xamaraina, A Boalleira, Treboada Baixo Miño, Talent Latino Studio 88, Na Revolta...

PROGRAMACIÓN

Luns 17:
A partires das 20:00h Treboada Virxe do Alivio e cantos de chabola con Coiro Vello.
Martes 18:
A partires das 20:00h actuación do grupo de baile Xamaraina e do grupo de gaitas A Boalleira.
Mércores 19:
A partires das 20:00h actuación da Treboada Baixo Miño e Talent Latino Studio 88.
Xoves 20:
A partires das 20:00h concerto de Na Revolta.
Venres 21:
XXXI Festa da Zorza a partires das 18:00h da tarde coa animación do grupo de gaitas A Boalleira, fin de festa co DJ Guille e unha gran queimada popular.
Sábado 22:
A partires das 17:00h Concurso degustación de repostería e tortillas, seguido dunha gran verbena a partires das 21:00h coa orquesta La Torre e o grupo Ritmo Latino
Domingo 23:
Ás 10:00h pasarrúas a cargo do Trebón dos Xidos. Ás 17:00h actuación do Rancho Folclórico Os Camponeses Minhotos de Cerdal(Valença do Minho), e ás 21:00h verbena na zona da fontebieita coas orquestras Olympus e o grupo Magical.
Luns 24:
De 17:00h a 19:00h xornada de xogos tradicionais e deporte na rúa para todas as idades na Praza dos Seixiños. A partires das 19:30h actuación do grupo folk Pelepau e tirada de fogos de luces para rematar a festa.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

A programación de festexos continúa ata o vidneiro 24 de setembro

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones