Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA VISITOU AS OBRAS EXECUTADAS TRALOS TEMPORAIS NO PEIRAO GUARDÉS

José Juán Durán estivo acompañado polo Alcalde de A Guarda e membros do GM Popular

A actuación incluiu a reposición das barandillas e sinais desprendidos, subsanación de danos do paseo marítimo, pavimentación do firme e melloras no edificio da lonxa

Fecha: 11 de Abril de 2014

Fuente: Infomiño.com

Acompañado do alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, do xefe da zona sur de Portos de Galicia, e representantes municipales do Partido Popular, fixeron un percorrido polas inmediacións do Porto da Guarda para visualizar de primeira man as obras realizadas nesta zona. 

Portos de Galicia vén de investir máis de 15.000 euros na reparación e actuacións de mantemento e conservación do peirao do municipio pontevedrés da Guarda. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que xa se atopan solventados a maior parte dos problemas ocasionados polos sucesivos temporais deste inverno, a excepción da reparación do dique, pendente das condicións climatolóxicas.

As actuacións de reparación dos desperfectos causados polos fenómenos meteorolóxicos adversos centráronse nas zonas de acceso ao porto, a explanada e o paseo marítimo. A maiores, executáronse traballos de mantemento no edificio da confraría de pescadores a petición do propio colectivo profesional.

En concreto, no paseo marítimo, repuxéronse os adoquíns de pedra e baldosas de pizarra desaparecidos, recolocáronse os pasos de pedra e as escaleiras, taponouse un socavón de tres metros, retiráronse as pedras desprendidas da escollera e repuxéronse as sinais de advertencia que voaran. Ademais, reparáronse os socavóns no pavimento do acceso ao porto e a explanada e substituironse os tramos de barandilla desprendidos. Finalmente, reparouse tamén un canalón do edificio dos departamentos de usuarios.

Polo que respecta ao edificio da confraría, elimináronse as filtracións de auga da choiva no edificio da lonxa, no garaxe e no galpón do cabestrante. No garaxe foi preciso a retirada do tellado e o seu selado, recolocándoo posteriormente e recubríndoo con tella nova.

Segundo José Juan Durán: "Pretendemos arranxalos o antes posible. Sobre todo a praia do carreiro, que será unha das primeiras obras que levemos a cabo". "Son tempos difíciles para grandes investimentos, pero as pequenas actuacións son moi importantes".


O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, mostrou a necesidade de que a praia do carreiro esté arranxada antes do verán, e destacou a importancia de mellorar o aspecto da zona da Atalaia. Ademais, no quixo rematar a visita sen tratar un aspecto que xa fai tempo que lle preocupa, como é o da rúa do Porto, unha zona peonil que é transitada por vehículos.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones