Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O programa Mulleres en acción. Violencia zero chega á guarda cunha acción pictórica da artista Ana Arregui

Máis de 200 estudantes de 5º de primaria a 4º da ESO asistiron e participaron na acción

Máis de 200 estudantes de 5º de primaria a 4º da ESO asistiron e participaron na acción

Fecha: 22 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A deputada provincial, Montse Magallanes, acompañada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistiu esta mañá á acción pictórica ofrecida pola artista Ana Arregui, na Praza do Reló da vila, dentro do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra para dar visibilidade á loita contra a lacra machista, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade. No acto participaron tamén preto de 200 estudantes dos centros escolares do concello, dende 5º de primaria ata 4º ESO.

Baixo o título "O sexo forte" a artista Ana Arregui, quen avoga pola non diferenciación de xéneros, "non existen os xéneros, non hai dous xéneros", ofreceu unha acción que deu comezo coa lectura dun texto a través do que Arregui reflexionou, xunto co alumnado reunido na Praza do Reló, sobre os roles asociados tradicionalmente a homes e mulleres. A continuación, a artista realizou tres murais de máis de dous metros de altura, nos que se reflectían todos eses conceptos que, con axuda de disolventes, Arregui pasou a eliminar.

Ana Arregui naceu en 1983 en Osuna (Sevilla), aínda que actualmente reside en Madrid. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV), cun Máster en Produción Artística, especialidade Arte e Tecnoloxía, cursado tamén na UPV. É unha artista multidisciplinar e investigadora. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan No autorretrato (The Trial Project, We Are Fair, Madrid, 2016) e Arqueolejías. Identidades líquidas (Se Alquila/Público, Madrid, 2015). En 2014 participou no programa da feira Cuarto Público en Santiago de Compostela e foi unha das artistas seleccionadas en EstudioAberto#3, Residencias Artísticas (Rede Museística da Deputación de Lugo).

O programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero" reúne o traballo de 25 artistas, especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, e referentes todas elas nas súas áreas, vinculadas entre elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

Esta edición do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", que deu comezo de novembro do ano pasado en conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, ten previsto recalar ó longo do ano en 25 concellos de toda a provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).


As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  Máis de 200 estudantes de 5º de primaria a 4º da ESO asistiron e participaron na acción

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones