Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - Oia acolleu o Festival do Rei Sol

Un evento lúdico-cultural que misturou convivencia, cultura, patrimonio e moita festa cunha programación que incluíu actividades para tódalas idades.

Un evento lúdico-cultural que misturou convivencia, cultura, patrimonio e moita festa cunha programación que incluíu actividades para tódalas idades.

Fecha: 18 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

 

Para pechar a campaña de verán na Costa dos Castros do 15 ao 17 de setembro celebrouse o Festival do Rei Sol, un evento lúdico-cultural que misturou convivencia, cultura, patrimonio e moita festa cunha programación que incluíu actividades para tódalas idades.

Os actos centrais do Festival do Rei Sol, evento que toma o seu nome dunha lenda vinculada ao castro de Cano dos Mouros (Viladesuso), contaron cunha visita guiada, unha representación teatral, a observación do solpor acompañada de música e o espectáculo Os Contos do Rei Sol de Avelino González. Tamén houbo postos de comida e bebida, grazas á colaboración veciñal.


Nos días previos ao domingo tamén se realizaron actividades culturais vinculadas co patrimonio, neste caso repartidas por diversos puntos de municipio de Oia. O venres 15 celebrouse un taller infantil de arqueoloxía e o sábado 16 houbo unha andaina e outro taller infantil, neste caso de elaboración de traxes castrexos. Ese mesmo día celebraouse a charla-coloquio titulada Pactos de Hospitalidade e colaboración na Galicia Romana, con Sonia María García García (autora da novela Toca, el oro de la Gallaecia).


O festival, organizado pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, e co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro do Ano do Patrimonio; foi posible grazas a implicación e participación da veciñanza e diversos colectivos de Viladesuso, nomeadamente a Asociación de Veciños, A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, A Fiada e o grupo de teatro O Mellor de Cada Casa. Con esta cita cultural foméntase a convivencia entre veciños e visitantes de Oia, pondo en valor o patrimonio local e concienciando sobre a necesidade de preservalo para as vindeiras xeracións.

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  Un evento lúdico-cultural que misturou convivencia, cultura, patrimonio e moita festa cunha programación que incluíu actividades para tódalas idades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí