Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - OIA PREPÁRASE PARA A CELEBRACIÓN DA I MOSTRA DE OIA

Se realizará os días 13 e 14 de Xuño de 2014 e participan varios colectivos do municipio

No acto de presentación interviron representantes da Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira", ACAMO, Asociación Tralo-Mosteiro e representantes da corporación local do Concello de Oia.

Fecha: 19 de Mayo de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 16 de Maio de 2014 tivo lugar en Oia a presentación da I Mostra de Oia, un evento que se realizará os días 13 e 14 de Xuño de 2014 e que contará coa participación de varios colectivos do municipio.

No acto de presentación interviron representantes da Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira", ACAMO, Asociación Tralo-Mosteiro e representantes da corporación local do Concello de Oia.

A I Mostra de Oia iniciaráse o día 13 de Xuño cun Serán organizado pola Asociación Tralo-Mosteiro a partires das 22:00h no eirado do Mosteiro. Todos os grupos da zona que desexen participar poden inscribirse no Concello de Oia, no Facebook da Asociación https://www.facebook.com/tralomosteiro.oia?fref=ts ou a través do correo electrónico tralomosteiro_oia@hotmail.es

Na xornada do día 14 de Xuño a Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira" organizará visitas guiadas ás Sobreiras do Faro en Mougás, así coma a diferentes puntos de interese natural do municipio. Trátase dun roteiro duns 5km de longo, de dificultade media e de percorrido circular e carácter gratuíto que terá a súa saída ás 10:30h da mañá dende o Eirado de Viladesuso. Os interesados en participar neste roteiro poden inscribirse de xeito gratuíto no teléfono 652.270.255 ou no correo electrónico ajalleira@gmail.com

Tamén na xornada do 14 de Xuño o Concello de Oia, a través do depto. de Servizos Sociais disporá dun stand no eirado do Mosteiro para recibir doazóns de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas do municipio.

No eirado haberá durante toda a xornada unha variada Mostra na que artesáns e empresas do municipio exporán os seus productos e servizos.

ACAMO, coincidindo co 83º aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural do Conxunto Cisterciense do Mosteiro de Oia, organizará varias visitas guiadas para que os visitantes podan apreciar esta xoia do cister.

O vindeiro día 24 de Maio de 2014, realizaráse unha reunión no Centro Cultural de Pedornes ás 20:00h da tarde, para que todos os interesados en participar na Mostra podan inscribir e ampliar inofrmación sobre a mesma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones