Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PAIS E NAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO AS SOLANAS DE A GUARDA MANIFESTANSE PARA PEDIR O ARRANXO DO PAVILLÓN

Preto dun centenar de pais e nais de alumnos manifestaronse na mañá do Luns ás portas do Concello de A Guarda

Preto dun centenar de pais e nais de alumnos manifestaronse na mañá do Luns ás portas do Concello de A Guarda

Fecha: 01 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do Luns día 29 de Febreiro de 2015 tivo lugar na Guarda unha concentración de Pais e Nais de alumnos do Colexio As Solanas de A Guarda. Preto dun centenar de persoas achegáronse ata a Praza do reló, ás portas do Concello, participando tamén representantes dos partidos políticos de A Guarda.

As súas reinvindicacións atenden á inmediata realización de obras para arranxar o Pavillón deste centro educativo, que se atopa arestora fora de uso tralo informe técnico municipal, que non garante a seguridade para o seu uso.

Aseguran que levan moitos anos denunciando o mal estado do pavillón e que urxe a súa reparación integral, posto que, a pesares de estar xa prohibido o seu uso, os nenos e nenas do centro están a correr un risco moi grande cando saen ó patio do colexio. 

Membr@s da ANPA manifestaron o seu malestar ante unha situación, agravada polos temporais e a falla de mantemento desta infraestructura deportiva, que mantén ós alumnos do centro sen poder empregalo para a realización de clases de ximnasia e outras actividades. Piden que se axilice e que se lle dea prioridade á reforma para garantir a seguridade dos alumnos do centro.

Ó mediodía, os Concelleiros Miguel Español e Montserrat Magallanes recibiron no salón de plenos do Concello ós pais e nais de alumnos, disculpando a non presenza do alcalde por compromisos de axenda, manifestando que están traballando no proxecto de reforma para realizar a firma do Convenio coa Xunta, para poder despois licitar e adxudicar as obras necesarias para poder renovar esta infraestructura, cuxo valor ascende a 150.000€ e que costearán as dúas administracións ao 50%.

A ANPA asegura que non pararán de manifestarse públicamente ata que non vexan solucionada esta problemática, coa realización de actos de protesta e máis concentracións.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 29 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon A3500 IS
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones