Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PREGÓN DAS FESTAS DE SAN TELMO 2012 EN TUI

Tivo lugar o pasado Sábado 7 de Abril na Área Panorámica de Tui

Fecha: 09 de Abril de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Sábado 7 de Abril de 2012, no Área Panorámica de Tui, deuse pistolezato de saída ás Festas na honra de San Telmo. Cun Auditorio casi cheo, comezaba o acto da man da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos que deron paso a Bety Rey e José Font, comunicadora e director da Radio Municipal de Tui respectivamente.

No acto, antes de dar paso ó pregón, coroouse ás raíñas das Festas 2012, que nesta ocasión declarouse a Blanca Alfaya Buján como raíña infantil, que estivo acompañada por María Rodríguez Oya e Beatriz Cerqueira de Dias e Fontes coma damas de honra. Como raíña xuvenil designouse a Blanca Leirós Jiménez, sendo as súas damas Nerea Míguez Viana e María González Sales. Elas serán as encargadas de representar á poboación tudense nos diversos actos durante as festas.

O acto contou tamén coa intervención do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e dunha representante da Comisión de Festas, quenes fixeron fincapé na dificultade de organizar unhas festas desta magnitude en tan pouco tempo e desexaron ós veciños da vila tudense unha feliz celebración das mesmas.

De seguido comezou o pregón, nesta ocasión da man do padeeiro tudense, Manuel Garrido Barbosa, tres veces campión do mundo de maratón en c1 sub-23. Coñeceu a noticia para ser pregoeiro en Outubre do 2011 en boca do propio Alcalde de Tui, tras alzarse co seu terceiro campionato do mundo de dita modalidade. As suas verbas foron un alegato en defensa do deporte, das dificultades que moitas veces leva consigo ser un profesional, e que as medallas ademais de esforzo, constancia e amor polo que un fai, tamén ten que ter consigo unha axuda económica non só privada, senón tamén dende estamentos públicos que promocionen a sua actividade. Manuel Garrido fixo un guiño ó seu barrio, Riomuiños; barrio onde naceu e pasou a súa infancia e ó que lembra con agarimo, sobre todo ó recordar como os seus antigos veciños non dubidaron en facerlle unha benvida no propio aeroporto o ano pasado trálo mundial, e incluso adicarlle unha homenaxe.

O acto na Área Panorámica remataba co himno galego e trasladábanse os asistentes á inauguración de "Fitui 2012: exposición filatélica e de coleccionismo galaico-portugues". Nesta mostra conmemora o 50 aniversario da fundación e actividade do Grupo Filatélico e Numismático de Tui.

Xa ás 21:00h facíase o acendido das luces que iluminarán a cidade de Tui ata o día 16 de Abril, último día de celebración na honra do seu patrón San Telmo.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 


 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones