Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DE LAUREANO ALONSO COMA CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE TUI

Laureano Alonso presenta ao BNG como -a única alternativa en Tui fronte a unha dereita dividida e que non se preocupa polos problemas da xente-

Fecha: 31 de Marzo de 2011

Fuente: BNG - Baixo Miño

O Portavoz Nacional do BNG afirma, no acto de presentación da candidatura á alcaldía de Tui, que “PP e PSOE son responsábeis do descrédito da política ante a cidadanía, asinando pactos e acordos que logo eles mesmos non cumpren”.

“O BNG practica a ética na política; o PP e o PSOE pactan compromisos que logo incumpren, como se está a demostrar co pacto antitransfuguismo ou co acordo sobre inauguracións en época preeleitoral”, asegurou.

O PP levou a Galiza ao récor de parados

Ademais, o portavoz nacionalista asegurou durante a súa intervención que as políticas da dereita teñen levado ao noso país a unha marca histórica de desempregados e desempregadas e a forma máis segura de evitar que o PP traslade as súas política fracasadas da Xunta aos concellos –dixo- e “apoiando as candidaturas do Bloque Nacionalista Galego”.

Guillerme Vázquez recalcou que "a grande prioridade do BNG nos concellos será contribuír a reactivar a actividade económica e a criación de emprego” e todas as liñas das políticas municipais deben ter como obxectivo último –manifestou- “dinamizar a economía produtiva e salvagardar aqueles sectores que crían máis postos de traballo, con especial énfase no apoio ás pemes".

O BNG é a alternativa ás políticas de dereitas de PP e PSOE

Somos unha forza “alternativa” ás políticas de dereita –engadiu-, esas politicas que aplica os goberno galego do PP e español do PSOE e temos ademais o respaldo dun balance de xestión contrastada en aqueles concellos nos que temos responsabilidade de goberno.

Guillerme concluíu salientando que “nas vindeiras eleccións municipais é a única forza política que lle pode parar os pés ao PP en Galiza”.

 

Laureano Alonso : “Ao BNG preocúpanlle os veciños e veciñas de Tui; á dereita só lle preocupan as súas liortas internas”

 

Pola súa parte, o candidato do BNG á alcaldía de Tui, Laureano Alonso, contrapuxo o último goberno municipal “dun centro-dereita dividido e con contínuas liortas internas, á actitude do BNG, preocupado polos problemas da xente e que ten proxecto e propostas para sacar Tui adiante”.

 

Así, lembrou o importanto traballo feito polo BNG de Tui dende a oposición nestes catros anos, con mocións aprobadas para crear a delegación da Escola Oficial de Idiomas; para crear unha rede wifi municipal; para reinciar os traballos do Plan Especial do Casco Histórico ou para mellorar a recadación do concello, unha medida que supuxo incrementar en 200.000 euros anuais a recadación municipal. Igualmente, salientou a iniciativa do BNG para contituír a Eurocidade Tui-Valença.

 

“O BNG é a única garantía de cambio en Tui”


Laureano Alonso tamén salientou que na vindeiras eleccións de maio “o BNG é a única garantía de cambio transformador en Tui”.

 

Entra as propostas do BNG que se inclúen no programa defendeu a creación dunha rede de transporte público que conecte as parroquias; a construción dun centro de día para persoas maiores e dunha gardería municipal.

 

Ademais, apostou por rehabilitar o Casco Histórica con medida como os convenios con particulares para a cesión dos baixos, unha medida que xa se puxo en marcha na vila ourensá de Allariz cun grande éxito.

 

Laureano Alonso tamén situou como un obxectivo irrenunciable para o BNG “abrir o concello aos veciños e veciñas, dándolle un trato igual a todos sen mirar cores políticas”.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEO

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones