Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Recta final do proxecto -A Guarda escrita nas estrelas- coa participación dos escolares da Guarda

Desta volta, son os alumnos e alumnas dos centros escolares os que participan no pintado das estrelas

Desta volta, son os alumnos e alumnas dos centros escolares os que participan no pintado das estrelasv

Fecha: 11 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Dende o martes 9 de outubro alumnos e alumnas dos diferentes centros escolares da localidade participan no pintado do espigón do porto da Guarda, actividade enmarcada no proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» que se atopa xa a piques de rematar, lucindo xa imaxes da Guarda, Salcidos e Camposancos, as Marcas dos Pescadores e as estrelas que darán forma a esta «galaxia».

O novo deseño e froito dun traballo realizado polos artistas locais Alberto Brandon e Nuria Villa, así coma o de máis de medio cento de voluntarios que xa colaboraron nestas tarefas dende mediados de agosto, contando cunha gran implicación da cidadanía.

Segundo explicaron Alberto e Nuria o día da presentación deste proxecto, «sempre soñamos con facer este proxecto dende que comezamos a traballar xuntos, e tiñamos claro dende o inicio que levaría o noso estilo, pensando nos veciños que o miran día a día.» Os artistas decidiron centrar este proxecto en transmitir con mensaxes directos empregando xogos de palabras e iconografías, mesturando o sentimental e o histórico, para chegar ao corazón dos guardeses e que se recorde o pasado da nosa vila nun presente que non se esqueza.

Desta volta, son os alumnos e alumnas dos centros escolares os que participan no pintado das estrelas, pintado que se realiza en grupos, onde os nenos e nenas atenden ás explicacións dos artistas para proceder despois a plasmar sobre o dique as pinturas, coa axuda duns modelos e sprays.

Este mércores día 10 de outubro a Concelleira de Cultura, Elena Baz; e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes; visitaron o Porto da Guarda para visualizar o avance destes traballos e mesmo participar no pintado das estrelas, amosando a súa satisfacción polo estado e avance deste pintado, que está xa a piques de rematar.

Sobre os artistas Nuvi & éxfico
Ela, a artista Nuria Villa "aka NUVI" ilustra e él, o deseñador gráfico Alberto Brandon "aka éxfico" debuxa tipografías, creando traballos que os teletransportan a unha existencia plena. Despois dunha viaxe reveladora a Xapón en 2014 e como hobby aos seus trabalos de fotografía e deseño para «Petit de la Crème», comparten as súas afeccións nun novo proxecto de forma totalmente manual, crean: A Guarda Souvenir Collection, como pura necesidade de crear souvenirs con paixón que representen o pobo onde viven. Ademais da súa marca de roupa éxfico clothing, comenzan a xurdir todo tipo de traballos para murais, eventos, identidades corporativas... nos que plasman a súa propia personalidade, debuxos cun aire divertido, cun toque naif e perfeccionista, ilustracións combinadas con lettering, onde a mensaxe e os detalles son moi importantes.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Desta volta, son os alumnos e alumnas dos centros escolares os que participan no pintado das estrelas

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones