Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - RESCATE DUN PESCADOR FERIDO NA COSTA SUR DE A GUARDA

Dous bañistas foron os primeiros en prestarlle axuda introducíndose na auga e levandoo ata unha rocha

Helicóptero Helimer 215 de Salvamento Marítimo durante o rescate

Fecha: 11 de Septiembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

Sobre as 17:00h da tarde tiña lugar, na Praia do Puntal en Camposancos A Guarda, un suceso que a piques estivo de cobrarse a vida dun pescador de a pé.

O pescador, Nicanor G. L. de 74 anos de idade, atopábase nunha rocha na zona intermareal realizando pesca deportiva cunha cana, cando se víu sorpendido e atrapado pola marea que xa estaba case na pleamar.

Neses intres, na zona de praia se atopaban Saray Pena Pérez e o seu pai Antonio Pena Lomba, disfrutando dun fantástico día de praia. Casualmente Saray é Socorrista e monitora deportiva na Piscina Municipal de A Guarda.

Saray percatouse de que Nicanor tiña problemas, e momentos despois poido contemplar como caía á auga, levado por un golpe de mar. Inmediatamente proceden a dar aviso ó 112 e case sen pensalo, o seu pai Antonio tomou a iniciativa de iniciar un rescate, seguido pola súa filla se introduciron na auga e lograron chegar a nado ata Nicanor, levandoo ata unha rocha cercana entre o embate das ondas. Como a ondaxe era constante e a rocha onde se atopaban non ofrecía seguridade suficiente para os tres, decidiron trasladar a Nicanor ata unha segunda rocha, de maiores dimensións, onde agardaron a asitencia dos equipos de emerxencia. Nicanor presentaba múltiples contusións nunha perna e agradecía a atención prestada por Saray e Antonio "se chego a estar tres minutos máis na auga non o conto".

Membros do GES de A Guarda, 061 e Policía Local trasladados ata o lugar contemplaban impotentes ás tres persoas atrapadas pola marea na rocha, a uns 50 metros da liña de marea, sen poder prestar axuda ante o avance da marea, que sobre ás 17:30h chegaba ó seu punto máis alto, imposibilitando calquera actuación dende terra.

Daquela decidíuse dar aviso a medios de rescate aéros, que por razóns que se descoñecen, tardaron 1 hora en chegar ata o lugar do suceso, facendo presenza o helicóptero Helimer 215 de Salvamento Marítimo, que procedeu a rescatar en primeiro lugar a Nicanor, seguido por Saray e en último lugar o seu pai Antonio, que foron levados posteriormente ó Aeroporto de Peinador-Vigo, onde Nicanor foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata un hospital da cidade olívica.

Final feliz neste suceso, que pon de manifesto unha vez máis que ó mar hai que terlle moito respecto e que é preciso, dunha vez por todas, contar con medios de emerxencia coordinados e adaptados con tempos de actuacións mínimos(non 1 hora) e con persoas coma Saray e Antonio, grazas ás cales Nicanor pode contar esta experiencia.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 10 de Setembro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones