Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Seis días de celebración do cine no Play-Doc de Tui

Presentouse en rolda de prensa, co concello de tui, Agadic e Deputación de Pontevedra, a décimo cuarta edición do festival, do xoves 26 de abril ao martes 1 de maio

Presentouse en rolda de prensa, co concello de tui, Agadic e Deputación de Pontevedra, a décimo cuarta edición do festival, do xoves 26 de abril ao martes 1 de maio

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Abril de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Ambición no programa e moita proximidade co público e coa comunidade. Dúas expresións utilizadas por Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc, para presentar a décimo cuarta edición do festival de Tui en rolda de prensa no Teatro Municipal de Tui. Xunto aos patrocinadores institucionais, concello de Tui, Agadic-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, o equipo do festival presentou unha edición chea de "películas libres". Nas palabras de Sánchez, unha edición, do xoves 26 de abril ao martes 1 de maio, seis días, coa selección de traballos -ao redor de 40 filmes- máis exclusiva da historia de Play-Doc. Beli Martínez, programadora da sección de cinema galego, recalcou pola súa parte que Play-Doc é "unha cita básica para todas as persoas que fan cine en Galicia, un punto onde nos encontramos, onde nos recoñecemos e, tamén, onde nos divertimos".

Angel Sánchez destacou a retrospectiva principal de Play-Doc co director norteamericano Peter Emanuel Goldman, nome fundamental do cinema underground dos EUA. Ao redor deste autor, recúperase material perdido en colaboración coa Cinemateca Francesa, ademais de engadir á súa visita e ás proxeccións dos seus filmes, a exposición fotográfica "Love, Despair and Longing". Sánchez destacou os dous cineastas brasileiros en foco en 2018: Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias. Dúas traxectorias clave no cine brasileiro -Candeias está considerado precursor do "cine marginal"- a cuxa difusión en España Play-Doc quere contribuír.

En canto á sección competitiva, cinco títulos que son ademais estrea en España: "The Waldheim Waltz" (Ruth Beckermann), "Going South" (Dominic Gagnon), "Lamaland" (Pablo Sigg), "Terra Franca" (Leonor Teles) e "Les Unwanted de Europa" (Fabrizio Ferraro). "Nunca perseguimos as estreas, pensamos que o importante do cinema é que se vexa, sen necesidade de ser os primeiros en España en exhibir unha obra. Pero o certo é que este ano as cinco películas en competición son estreas e tamén nos transmite a consideración que os cineastas teñen do Play-Doc", sinalou Sánchez.

Destacou o codirector do festival o ciclo (Anti)heroínas, con catro títulos protagonizados por mulleres adolescentes, entre eles unha obra mestra de Dennis Hopper titulada Out of the Blue e a estrea en España de Streetwise, e a celebraciòn dun seminario de crítica feminista. Tui e o cinema doméstico serán este ano tamén puntos clave na programación de Play-Doc. Desde hai un tempo que o festival en colaboración con La Cinematográfica está a recuperar gravacions en Súper 8 do Tui dos anos 60 e 70. Este material que se foi dixitalizando servirá de base para a celebración o martes 1 de maio do Día do Cinema Doméstico, con exhibición dun material que, alén de facer comunidade, ten un marabilloso valor documental. Tamén esas gravacións domésticas servirán de base para o espectáculo inaugural do festival o xoves 26 ás 20:30h no Teatro Municipal de Tui.

 

 

Cinema galego

Na rolda de prensa participou Beli Martínez, responsable da sección de cinema galego, que presentou a selección de filmes no 14º Play-Doc: "Alberto García Alix. La línea de la sombra" (Nicolás Combarro,2017)

Algunhas nubes flotan lonaxanas (Gonzalo E. Veloso, 2017), M. (Ángel Santos, 2017),
"Nueva Galicia" (Iván Nespereira 2017), "O salvaxe leva o seu tempo" (Oliver Laxe, 2018), "O fareiro de Sálvora" (Gloria Vilches, 2017), "Os fillos da vide" (Ana Domínguez, 2017), "Salitre nas veas" (Adrián Canoura, 2017), "Trinta lumes" (Diana Toucedo, 2018). Unha combinación de filmes de autores novos e algúns xa prestixiados, con diferentes enfoques, incluíndo formatos máis experimentais. "O cinema é o mellor embaixador que pode ter a cultura en Galicia. Máxima calidade que se reflicte na presenza do cine feito aquí en citas internacionais de referencia", sinalou Beli Martínez.

Máis cinema galego no 14º Play-Doc con " Tres procesos", unha iniciativa para que o público participe nun encontro con cineastas e coñecer así os seus procesos creativos. Oliver Laxe, Eloy Enciso e Lois Patiño compartirán o seu "modo de facer" co público do festival explicando os seus respectivos procesos cos filmes nos que están traballando: "Aquilo que arde" de Laxe, "Tempo vertical" de Patiño e "Longa Noite" de Enciso, un filme persoal sobre a memoria, represión e posguerra con textos de autores como Luis Seoane ou Ramón de Valenzuela.

Sobre cinema galego tamén falou Xosé Leal, deputado da Cultura da Deputación de Pontevedra, destacando tres citas da provincia que se desenvolven en vilas de menos de vinte mil habitantes: Cans en Porriño, FIC de Bueu e o propio Play-Doc de Tui. "Os festivais sempre van por diante e as administracións o que temos que facer é ir detrás, apoiando", concluíu Leal. Pola súa parte, o director de Agadic, Jacobo Sutil reseñou o a evolución e crecemento do festival nos últimos anos conseguindo a complicidade do público e o seu carácter de punto de encontro profesional. Tal como apuntou Sutil, Play-Doc acadou a máxima puntuación na liña de axudas a festivais de cine da Agadic-Xunta de Galicia. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, apostou pola continuidade dun evento de referencia como Play-Doc e por implicar máis ao sector privado na súa organización.

 

A décimo cuarta edición de Play-Doc celébrase en Tui do xoves 26 de abril ao 1 de maio, incrementándose a duración este ano con xornada de peche o primeiro de maio cun día especialmente centrado na contorna cun concerto picnic de Esteban & Manuel no Paseo fluvial en colaboración co Festival Sinsal Son Estrella Galicia e a celebración do Dia do Cinema Doméstico. O prato forte musical terá lugar o sábado 28 na noite, na sala Metropol, co concerto en exclusiva da banda de Brooklyn Rubblebucket, con entradas á venda en www.ticketea.com

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  Presentouse en rolda de prensa, co concello de tui, Agadic e Deputación de Pontevedra, a décimo cuarta edición do festival, do xoves 26 de abril ao martes 1 de maio

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones