Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tomiño e Cerveira presentaron a Axenda de Cooperación Estratéxica

formula que permite mellorar a integración a integración e cohesión municipal das dúas vilas da raia

formula que permite mellorar a integración a integración e cohesión municipal das dúas vilas da raia

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na presentación da Axenda de Cooperación Estratéxica Amizade Cerveira-Tomiño, onde indicou que esta cooperación de proximidade é unha formula que permite mellorar a integración a integración e cohesión municipal. Na presentación participaron os alcaldes de ambas localidades, Sandra González e Joao Fernando Brito Nogueira, así coma a Vareadora da Cámara de Vila Nova de Cerveira Aurora Viaes, a Concelleira de Tomiño Cristina Martínez, a Provedora Transfronteiriza María de Lurdes Cunha e a Valedora Transfronteiriza Zara Pousa Arbones.

Jesús Gamallo, indicou que a cooperación de proximidade trata de reforzar aquelas políticas e instrumentos de cooperación que teñen por obxectivo mellorar as condicións e a calidade de vida dos cidadáns das zonas de fronteira. Deste xeito, explicou o director xeral, desde a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal estase a impulsar e apoiar as estructuras e mecanismos de cooperación entre municipios galegos e portugueses así como a constitución de Eurocidades. O director xeral lembro, ademais, que a cooperación de proximidade e a cooperación entre concellos de Galicia e do Norte de Portugal é unha das prioridades da Presidencia galega da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

As dúas localidades, Tomiño e Vilanova de Cerveira, levan xa varios anos traballando xuntas, a partir do irmandamento que suscribiron ambas en 2015 e grazas ao proxecto europeo "Ponte da Amizade = Europea sen fronteiras". Co apoio activo da Eurorrexión (AECT), reforzouse a colaboración entre estes dous concellos coa organización de diversas actividades de índole deportiva e cultural, como un simposio internacional, unha mostra gastronómica eurorrexional, sesións de teatro e danza, un workshop, unha exposición, unha conferencia na área do deporte ou unha proba de tríatlon internacional.

As actividades de cooperación transfronteririza entre Cerveira e Tomiño consolídanse coa presentación desta "Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño", un proxecto co-financiado polo Programa Interreg V A (POCTEP), que procura un desenvolvemento sustentable do territorio, repercutindo positivamente na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación, e na repartición e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva, así coma dos recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación cara ao futuro.
   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
  formula que permite mellorar a integración a integración e cohesión municipal das dúas vilas da raia
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones