Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO HOMENAXEA AOS SEUS DOUS EX-ALCALDES DO PERÍODO DEMOCRÁTICO NO MARCO DAS FESTAS DO ALIVIO

Ao acto cívico organizado polo goberno local, asistiron alcaldes da comarca e representantes da Cámara de Vila Nova de Cerveira

Fecha: 14 de Septiembre de 2010

Fuente: Infomiño.com e www.concellotom

Dentro das Festas do Alivio, o goberno local de Tomiño, celebrou o pasado domingo un acto cívico destinado a homenaxear aos ex-alcaldes do período democrático, Pablo Alonso Pérez e José Luis Fernández Lorenzo, coma agradecemento ao tempo e traballo dedicado á actividade pública.

A esta homenaxe, que tivo lugar ás 11.00 horas do día 12 de setembro na Praza do Seixo, foron convidados os demais membros das corporacións locais, constituídas a partir de 1979, así como autoridades, representantes de asociacións de ámbito comarcal e local, etc.

O acto contou así coa asistencia de case 80 ex-concelleiros e concelleiras, alcaldes da comarca do Baixo Miño e de Salceda, representantes da Cámara de Vila Nova de Cerveira, representantes da Guarda Civil, Marina, Policía Local e Protección Civil, entre outros. Tamén asistiron pedáneos/as, representantes de asociacións, comunidades de montes e familiares dos homenaxeados.

En primeiro lugar, tomou a palabra José Luis Fernández Lorenzo, alcalde da vila durante 24 anos (entre 1983 e 2007), veterinario de profesión, chegado a Tomiño desde Ourense (nacido en Cortegada de Baños en 1930) en 1970.

El ex-rexidor tivo palabras de agradecemento e lembranza para os compañeiros de goberno que "me acompañaron con moita ilusión e cariño e grazas aos que puiden gobernar con dignidade aínda que con algún error tamén". Fernández Lorenzo quixo recordar especialmente a homes, xa desaparecidos, como Manuel Carnero, Paco Ubeira, Ángel Ordóñez, Antonio Conde, José A. de Santiago e Julio Gómez, entre moitos outros.

Especial lembranza tivo o ex mandatario para o seu colega luso José Manuel Vaz Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, con que compartiu múltiples iniciativas transfronteirizas materializadas sobre


todo coa construción da Ponte Internacional da Amizade, cuxa xestión levaron adiante de maneira conxunta.

Pablo Alonso Pérez, "Pachi", primeiro alcalde despois da ditadura (nado en Goián en 1950, con estudos en Ciencias Empresariais e dedicado ao mundo da maquinaria industrial), pola súa banda, lembrou tamén aos seus compañeiros de lexislatura (de 1979 a 1983) que lle axudaron a saír "de aquela longa noite de pedra que nos quitara a liberdade" -dixo emulando a Celso Emilio Ferreiro e referíndose á ditadura franquista.

O ex rexidor enumerou varias anécdotas e obras da súa etapa como gobernante, como por exemplo, a creación de 9 escolas infantís, ou a entrega de montes en mans comúns ás comunidades veciñais, os estudos sectoriais do río Miño ou a primeira exposición de pintura e escultura, coa participación de grandes artistas tomiñeses, como Antonio Fernández, Xavier Pousa, Antúnez Pousa ou Xuxo Vázquez, entre outros.

Pachi alonso lembrou tamén os comezos do Club Ciclista de Tomiño, o centro terapéutico Alborada e resaltou a labor no eido da educación do mestre e escritor Antón Alonso Ríos.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González pechou o acto cívico agradeceu o esforzo e traballo dedicado á actividade pública de ambos homenaxeados e salientou a importancia de valorar o traballo e o compromiso das persoas independentemente das súas crenzas e ideas políticas. "Sen dúbida, este ano máis que nunca, debemos destacar a palabra "cívico", pois realmente o que estamos a celebrar hoxe é unha contundente expresión de civismo e convivencia", comentou.

A rexedora asegurou estar "deixando as nosas conviccións ideolóxicas nun segundo plano e a través deste recoñecemento, reafirmamos xuntos algo tan básico pero tan importante por ser un valor democrático, como a normalidade institucional".

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones