Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO PON EN VALOR O XACEMENTO ROMANO DE CURRÁS CUNHA EXPOSICIÓN

Unha exposición con paneis explicativos, vídeos e as pezas atopadas máis representativas, poderá verse na Casa da Cultura, entre o 25 de outubro e o 9 de novembro

A mostra, que estará aberta todos os días en horario de mañá e tarde, complementarase con visitas escolares

Fecha: 23 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

Despois das actuacións arqueolóxicas realizadas no mes de xullo do ano pasado, no xacemento romano e altomedieval da parroquia tomiñesa de Currás, o Concello de Tomiño organiza a exposición "Tomiño Romano", que terá lugar na Casa da Cultura entre o 25 de outubro e o 9 de novembro.

A mostra arqueolóxica, presentada este mediodía ante os medios de comunicación, dará a coñecer ao público en xeral os resultados dos traballos de recuperación e posta en valor do xacemento romano de Currás, levados a cabo por expertos da Universidade de Vigo, no mes de xullo do ano pasado, así coma do estudo dos resultados obtidos até o momento.

Segundo explicou o investigador Fermín Pérez Losada, a mostra dará a coñecer o proceso levado a cabo a partir das sondaxes realizadas o ano pasado para a localización e revisión das estruturas arqueolóxicas descubertas en 1972, a clasificación e identificación de todos os materiais procedentes do xacemento (tanto os descubertos en 1972, coma os atopados en 2013, en total unhas 1800 pezas), así como a recompilación da información oral e gráfica sobre a historia da parroquia e da súa contorna.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, pola súa banda, explicou que ao goberno local pareceulle interesante coñecer o estado no que se atopaba o xacemento despois de 40 anos dende a primeira escavación, realizada en 1972, "pero tamén consideramos importante que o público en xeral puidera coñecer os resultados destas accións e esa é a razón de que montaramos esta mostra". A rexedora agradeceu a implicación do equipo investigador e tamén das entidades locais de Currás, coma a comunidade de montes e a asociación veciñal.

A partir de paneis explicativos, vídeos e mostra das pezas arqueolóxicas máis representativas, a exposición permitirá coñecer en detalle o traballo desenvolto no marco do convenio de I+D asinado polo concello de Tomiño e o Grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, para a recuperación e posta en valor do xacemento.

Os responsables do proxecto e coordinadores de dita escavación foron Fermín Pérez Losada e Silvia González, investigadores da GEAAT.

A mostra complementarase con outras actividades de divulgación concertadas cos colexios da localidade e asociacións que o soliciten.

Á exposición poderá visitarse entre o 25 de outubro e o 9 de novembro, todos os días, en horario de mañá (11 a 14 horas) e tarde (17 a 20 horas).


Datos de interese
Naquela primeira investigación, levada a cabo nos primeiros anos da década dos setenta, descubríranse as estructuras dunha villae romana cun interesante hipocausto, dándose conta ademais da existencia dunha necrópole de época alto medieval.

Debido a falta de financiamento, o xacemento tapouse para a súa conservación, coa idea de que nun futuro fora reaberto e investigado en profundidade.

No 2013, corenta anos despois, o Concello de Tomiño en colaboración coa Universidade de Vigo, deu o paso para facer unha primeira exploración do xacemento e coñecer o estado das estruturas. Tan só pasaran 2 días e xa se atoparan as "pillaes" do hipocausto; un sistema de calefacción que constitúe un dos elementos máis representativos do xacemento a nivel galego.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 23 Outubro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones