Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TRABALLOS DE PREVENCIÓN DE PERDA DE SOLO NOS MONTES AFECTADOS POLOS LUMES EN OIA E O ROSAL

Dende o día 5 de Setembro realízanse traballos de prevención que se levan a cabo sobre o terreo fronte a posibles perdas de solo provocadas polas choivas.

Fecha: 01 de Octubre de 2013

Fuente: Infomiño.com

 
Na mañá do pasado Luns día 30 de Setembro de 2013 a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, o alcalde de O Rosal, Jesús Mª Fdez. Portela, técnicos da xunta de galicia, axentes forestais da zona e medios de comunicación visitaron a zona afectada polo incendio forestal rexistrado o pasado 26 de agosto nos municipios de Oia e do Rosal, para coñecer os traballos de prevención que se levan a cabo sobre o terreo fronte a posibles perdas de solo provocadas polas choivas. 
 
Estas tarefas de prevención consisten na colocación, mediante un sistema de "punching", de palla de trigo sobre as superficies afectadas polos lumes en franxas duns 30 metros, que evitarán o arrastre e perda de solo imitando á forraxe natural que forma as follas secas das árbores, diminuíndo deste xeito máis afeccións ó solo coas choivas do outono e inverno.
 
Segundo explicaron, dende o pasado día 5 de Setembro estáse a traballar sobre o terreo afectado, nunhas tarefas coordinadas pola Xunta en colaboración cos concellos de Oia e O Rosal.
 
Este tratamento con palla de trigo realízase manualmente, reproducindo o "acolchado" natural, que favorece a protección da capa superficial do solo, evitando deste xeito que a choiva transporte ladera abaixo os sedimentos superficiais. Nalgúns puntos complementaráse con "fajinadas" biodegradables compostas de fibra de coco que funcionarán como barreiras que impedirán o arrastre e escorrentía do solo queimado.
 
O solo queimado é repelente á auga durante algún tempo, impedindo as filtracións de auga ás capas inferiores do solo, polo cal con estes traballos se favorece a infiltración de auga.
 
FOTOGRAFÍAS
Fotos de Jorge Alonso Daldea
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones