Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TRADICIÓN E COLORIDO NAS ALFOMBRAS FLORAIS DO SANTÍSIMO 2015 NA GUARDA

Os veciños de A Guarda traballaron durante toda a noite na confección das alfombras florais do Santísimo

Os veciños de A Guarda traballaron durante toda a noite na confección das alfombras florais do Santísimo

Fecha: 08 de Junio de 2015

Fuente: Infomiño.com

O Domingo 7 de Xuño de 2015, A Guarda viviu a Procesión do Señor, enmarcada nas Festas do Santísimo, na cal participan autoridades, hermandades, cofradías e os rapaces que realizan a súa primeira comunión, acompañados por centos de persoas e a Banda de Música de A Guarda.

Trala misa celebrada na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, sobre as 12:30h a procesión facía a súa chegada a Praza do reloxo ou Praza do Concello, momento no cal se bendeciron as bandeiras do Concello e se lanzaron flores dende as balconadas, soltando tamén algunhas pombas.

A procesión seguiu polas rúas nas que se confeccionaron as alfombras florais durante a pasada madrugada, realizando diferentes paradas nos altares ubicados no seu percorrido.

A procesión foi seguida por moitos visitantes e guardeses que se congregaron nas rúas da vila para ver pasar a procesión e algúns deles a seguiron desde as súas casas, lanzando flores dende os balcóns ó paso da procesión.

Dende fai meses, centos de persoas traballaron en baixos e casas na confección dos diseños e na preparación dos diferentes tipos de flores que se empreganna elaboración destas alfombras para o paso da procesión do Señor.

Nalgunhas rúas, dende ás 5 da tarde do Sábado xa se realizaban as primeiras labores de marcado dos deseños no pavimento da rúa e pouco a pouco se comezaban a perfilar as alfombras florais deste ano.

Na confección das Alfombras Florais de A Guarda participan persoas de todalas idade, e mesmo familias completas que adican esta noite tan especial á elaboración artística das mesmas.

Aínda que moitas delas xa se atopaban case rematadas sobre as 3 ou 4 da madrugada, tamén se seguíu traballando ata ben entrada a mañá, cando comezaban a facer a súa entrada os primeiros raios de sol do Domingo.

Moitos veciños da comarca e visitantes achegáronse para coñecer a súa elaboración durante a noite e o seu elaborado resultado antes da Procesión do Santísimo, que dende as 12:30h do Domingo percorreu as rúas.

www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra
 
  Fecha: 7 de Xuño de 2015
 
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: HP DSC S510  
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones