Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Trieb, a fotografía coma forma de expresión

A exposición se pode visitar ata o 18 de agosto nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

A exposición se pode visitar ata o 18 de agosto nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Fecha: 08 de Agosto de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu o martes 7 de agosto a inauguración da Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz.

No acto de inauguración interviron a Concelleira de Cultura, Elena Baz e Jesús Rodríguez Ortíz, autor das fotografías, acompañados de preto de medio cento de asistentes, entre familiares e amigos.

Jesús Rodríguez Ortíz é un médico-pediatra descendente de familia guardesa nado en Bilbao e é un apaixonado da fotografía, participando en varios concursos, publicacións, libros e mesmo na Revista National Geographic, cunha fotografía do Museo Guggenheim de Bilbao.

Forma parte do CCC Centro de Fotografía Contemporánea de Bilbao, onde acadou un novo obxectivo na súa obra fotográfica, expresar a través das fotografías a sensación persoal de como se ven as cousas que nos rodean.

O título desta exposición «Trieb», ven dun impulso, dunha mirada, aquela mirada da despedida do seu pai antes de falecer.

Nesta mostra fotográfica, cun total de 18 fotografías, 14 delas en tamaño 20x30, amósase a través de imaxes en branco e negro a súa maneira de expresar as cousas con lugares da vila da Guarda. Ademais, os visitantes que se acheguen a esta exposición, poderán desfrutar dun portaretratos moi especial, feito en madeira polo seu avó, unha herdanza familiar.

A exposición se pode visitar ata o 18 de agosto nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A exposición se pode visitar ata o 18 de agosto nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí