Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tui oferta 10 espectáculos culturais ata fin de ano no Teatro da Área Panorámica

O Outono Cultural foi presentado en rolda de prensa o 4 de Outubro de 2016

O Outono Cultural foi presentado en rolda de prensa o 4 de Outubro de 2016

Fecha: 05 de Octubre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Martes día 4 de Outubro tivo lugar a presentación dos eventos culturais programados no Outono Cultural.

O martes, 4 de outubro, ás 10.45h no ambigú do Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica de Tui foi presentada a programación cultural a desenvolver neste espazo escénico até finais de ano.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cutlura, María José González, do director da AGADIC, Jacobo Sutil, da directora do CDG, Fefa Noia, e do director de Ibuprofeno Teatro, Santiago Cortegoso.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo referencia amais ao evento que pecha esta programación, a presentación da Orquestra Sinfónica de Tui no concerto de Nadal, salientando que dende o concello fíxose unha aposta decidida pola creación desta agrupación con carácter transfronteirizo para dar difusión ao traballo que se realiza no conservatorio da cidade. Mentres a concelleira de Cultura, María José González, salientou o alto nivel da oferta cultural que se supera ano a ano con espectáculos que teñen unha gran acollida por parte do público.

O director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a Tui coma referente na difusión cultural da súa programación, ao tempo que salientou que é un concello cómplice coas actividades que realizan dende a Rede Galega de Teatro e Auditorios. Fefa Noia, directora do CDG, Centro Dramático Galego, deu conta das boas perspectivas do sector en Galicia que comeza a superar a crise. Ata Tui achegarán a súa última montaxe Tartufo, unha revisión do texto de Molière, cun humor moi intelixente e interpretado por 10 actores de distintas xeracións.


Santiago Cortegoso, director de Ibuprofeno Teatro, explicou a singularidade e complexidade de Raclette, que foi Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais no 2014, e que na súa versión en castelán vén de ser recoñecida coa mención especial do público ao mellor espectáculo na Feira de Teatro de Castela e León e en La Rioja. En Tui será representada o 5 de novembro nun espectáculo no que cincuenta espectadores compartirán escenario cos cinco actores da función nunha curiosa cea.
 

PROGRAMACIÓN:

Venres 7 de outubro ás 21:30h: Eroski Paraiso(Chévere)

Venres 14 de outubro ás 20:00h: Invención(Odaiko)

Venres 21 de outubro ás 21:30h: Tartufo(Centro Dramático Galego)

Sábado 22 de outubro ás 19:00h: Güela-Güela(Galitoon)

Venres 4 de novembro ás 20:00h: Danza da Choiva(Elefante Elegante)

Sábado 5 de novembro ás 20:30h: Raclette(Ibuprofeno Teatro)

Venres 11 de novembro ás 21:30h: Cross the Border(Best Boy)

Venres 18 de novembro ás 20:00h: O Poder de Amabel(Pérez & Fernández)

Xoves 22 de decembro ás 19:00h: Holy Night! Noite de Paz?

Venres 23 de decembro ás 21:00h: Concerto de Nadal(Orquestra Sinfónica de Tui)

Máis información e venda de entradas en www.culturatui.info

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 4 de Outubro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

O Outono Cultural foi presentado en rolda de prensa o 4 de Outubro de 2016

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones