Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Un colorido e orixinal -Desfile dos Coles- abriu o Entroido Guardés 2019

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co -Desfile dos Coles- no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio.

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co -Desfile dos Coles- no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio.

Fecha: 02 de Marzo de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co «Desfile dos Coles» no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio.
Sobre as 12:00h do mediodía comezaron a desfilar máis dun milleiro de alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos dende a Alameda cos seus orixinais e coloridos disfraces, nos que destacaron as conmemoracións dos 125 anos do pintor Miró, as carballeiras, o 125 aniversario de Van Gogh, o 125 aniversario da fundación do C.O.I., encaixados, 50 anos na lúa ou o Cocido Galego e todo isto amenizado pola Charanga Cantos Somos.
A programación do Entroido 2019 na Guarda continúa o sábado 2 de marzo co «Sábado de Guateque» a partires das 23:30h na Alameda da Guarda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de «Monk Blues Band» e posterior pinchada retro a cargo de «DJ Guille».
Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o «Domingo das Familias», cando a Alameda da Guarda acollerá unha actuación musical da Orquestra «D´Moda» a partires das 18:00h.
O Luns día 4 de marzo os nenos e nenas da vila terán unha actividade moi especial coa «CÉ Orquestra Pantasma», con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala a partires das 18:00h na Alameda da Guarda.
Xa para rematar a programación do Entroido Guardés 2019, o Martes día 5 de marzo ás 17:30h celebraráse o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de «Aviadores Tolos e da Charanga «Vaia Panda», saída dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda da Guarda.
Menú de Entroido
Ao longo de 4 días 6 establecementos de hostalaría da Guarda ofertarán o «Menú de Entroido» que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Ourellas de Entroido. O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería - Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019


SÁBADO 2 DE MARZO,
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto de "Monk Blues Band"
E despois: pinchada retro con "DJ Guille"
Alameda da Guarda a partir das 23:30

DOMINGO 3 DE MARZO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Actuación da Orquesta D'moda
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

LUNS 4 DE MARZO,
LUNS DOS NENOS
Actuación de "CÉ Orquesta Pantasma", obradoiros e festa infantil da dan de Matrácala
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

MARTES 5 DE MARZO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile-concurso de Entroido co acompañamento de "Aviadores Tolos" e a charanga "Vaia Panda"
Ínformate en www.aguarda.es e participa en algunha das categorías. Dende a Esquina Famosa ata a Alameda da Guarda

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co -Desfile dos Coles- no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones