Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Unha ateigada praza de abastos da Guarda, escenario para a primeira das citas da campaña -Degusta Europa-

O deputado de Turismo, Santos Héctor e o alcalde, Antonio Lomba, subliñan a calidade dos diferentes pratos preparados polos alumnos e alumnas do Manuel Antonio de Vigo

O deputado de Turismo, Santos Héctor e o alcalde, Antonio Lomba, subliñan a calidade dos diferentes pratos preparados polos alumnos e alumnas do Manuel Antonio de Vigo

Fecha: 04 de Mayo de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Unha ateigada praza de abastos da Guarda acolleu este xoves a primeira das citas da campaña "Degusta Europa" da Deputación de Pontevedra na que estiveron presentes o deputado de Turismo, Santos Héctor, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. Ambos coincidiron en subliñar a calidade das preparacións efectuadas polos alumnos e alumnas do centro de Formación Profesional Manuel Antonio, encargados da elaboración e do servizo das diferentes tapas.

Nas preparacións efectuadas na propia praza utilizáronse bacallau, tenreira e riles comprados nos propios postos. Ademais, entre as distintas preparacións culinarias, o alumnado do Manuel Antonio elaborou dous cócteles de lima con fresas e uva e outro de laranxa con cava. O menú foi unha homenaxe a varios países de Europa con preparacións como o francés "ratatouille" (guiso de hortalizas); o británico "steak and kidney pie" (pastel de vacún e riles); o holandés "ewertonsoep" (guiso de chícharos e cárnicos sobre vaso de chopo e espetada); o danés "fiskefrikadeller" (albóndegas de bacallau); o noruegués "tosta de salmón"; o inglés "biscoito borracho con crema"; e o francés "enreixados de manzá e cabelo de anxo".

 

 

Santos Héctor destacou que a campaña "Degusta Europa" quere render unha homenaxe ao "Día de Europa" que celebramos o nove de maio, "xuntando algo tan noso como son os produtos naturais coa mellor gastronomía dos nosos países veciños". "As preparacións que hoxe degustamos en A Guarda contan cun traballo moi importante do alumnado dun dos centros de referencia da nosa provincia en materia de hostalaría". A Deputación de Pontevedra, segundo manifestou o deputado de Turismo, quere con esta iniciativa poñer en valor os mercados e prazas de abastos das nosas vilas "apostar polos produtos de temporada e ao mesmo tempo que os veciños e veciñas coñezan o talento que escoden os alumnos e alumnas dos dous centros de referencia da nosa provincia. Hoxe en A Guarda nos acompaña o alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo, uns verdadeiros expertos e expertas entre os fogóns".

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mostrouse unha vez máis moi satisfeito de que a campaña "Degusta Europa" escollera a súa localidade para celebrar unha nova edición e agradeceu a todos os alumnos e alumnas do Manuel Antonio o seu traballo, non só nos fogóns preparando as "delicatessen" senón tamén na preparación das mesas e no servizo para atender aos centos de veciños e veciñas que se acercaron a praza da degustar as preparacións de salgados e doces. De feito as preto de duascentas mini hamburguesas de tenreira agotáronse aos poucos minutos. Antonio Lomba subliñou que a praza da Guarda ofrece unha calidade nos seus produtos que se poido demostrar hoxe mediante as preparacións que ofreceu o alumnado do Manuel Antonio "que nos ofertan uns pratos que teñen unha visión moi agradable e estou seguro que o seu sabor vai ser espléndido".

A campaña "Degusta Europa" terá a súa continuación este venres no mercado de Cangas entre as doce e a unha da tarde, para continuar en Vigo o próximo día oito de maio, da man dos alumnos e alumnas do centro Manuel Antonio de Vigo.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

O deputado de Turismo, Santos Héctor e o alcalde, Antonio Lomba, subliñan a calidade dos diferentes pratos preparados polos alumnos e alumnas do Manuel Antonio de Vigo  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones