Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Veciños da Guarda e Caminha participaron na Andaina pola Ruta do Monumento Nacional Pena Corneira

O pasado sábado día 20 de outubro celebrouse a segunda saída, na que os participantes realizaron unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira.

O pasado sábado día 20 de outubro celebrouse a segunda saída, na que os participantes realizaron unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira.

Fecha: 22 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Continúan as andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda e que terán lugar entre os meses de setembro e novembro co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño. 

O pasado sábado día 20 de outubro celebrouse a segunda saída, na que os participantes realizaron unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira. A andaina foi de ascenso desde Leiro, onde antes de iniciar a ascensión de case 500m. de desnivel os asistentes recorreron unha parte do río e do pobo. A Pena Corneira é unha gran rocha ou penedo, situada no alto do monte, e amosase como un gran miradoiro sobre a comarca do Ribeiro. O seu bosque, de gran extensión, está catalogado como espazo natural de Galicia xa que está formado por árbores autóctonos. Outros atractivos da ruta foron o conxunto de hórreos de Paredes e as igrexas románicas de Leiro, Lebosende e Serantes.

O peche do calendario deste ano 2018 terá como protagonista as terras veciñas rosaleiras coa ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón o vindeiro 10 de novembro. Os Muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico, xa mencionados en documentos do século XVII. Recorrido de gran beleza con excelente panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño. Tamén se coñecerá a Capela na véspera da celebración de San Martiño e pechará o calendario de Andainas 2018.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  O pasado sábado día 20 de outubro celebrouse a segunda saída, na que os participantes realizaron unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones