Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VISITA GUIADA POLA RUTA MÁXICA DE OIA

Celebrouse o Sábado 16 de Agosto de 2014

Un percorrido de 20 km na súa totalidade que, combinando patrimonio natural e patrimonio histórico, pon ao alcance do visitante lugares de interese especial.

Fecha: 18 de Agosto de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado sábado día 16 de agosto tivo lugar unha visita guiada á Ruta Máxica de Oia organizada pola Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia (ACAMO) e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) coa colaboración de a Asociación Forestal A Jalleira.

A visita, que tivo un percorrido aproximado de 20 km, partíu ás 09.30 h dende a estrada de subida á Valga que comunica Santa María de Oia coas parroquias de Burgueira e Loureza, a uns 1700 m da estrada Baiona-A Guarda). 

A visita estivo guiada por membros das dúas asociacións organizadoras (ACAMO e ANABAM), contando, ademais, coa colaboración da Asociación Forestal e de Educación Ambiental "A Jalleira" para a visita ás Sobreiras do Faro e do RAC máis Cool-Touring para a visita ao recinto de A Cabeciña.  

A Ruta Máxica de Oia ten en total uns 20 km de percorrido por 4 das parroquias do concello de Oia (Santa María de Oia, Pedornes, Viladesuso e Mougás), e conta con:

17 enclaves de especial interese, os cales inclúen 2 castros fortificados, 9 áreas con petróglifos, ata 10 puntos con fantásticas vistas panorámicas e 7 zonas de interese ambiental.

3 paneis-valla (inicio e final de ruta).

31 postes indicadores bidireccionais.

18 mesas informativas que ademais dos textos explicativos e os planos da ruta e das distancias entre os diferentes enclaves con indicación da súa localización, inclúen un total de 148 fotografías a color, 24 calcos de petróglifos e 6 mapas de localización dalgúns dos elementos que se ilustran.

As actuacións levadas a cabo nos últimos anos polas respectivas comunidades de montes, nas contornas dos petróglifos da Pedreira (Oia) e A Pousadela (Pedornes), nas Sobreiras do Faro (Viladesuso), así como no recinto fortificado e petróglifos adxacentes da Cabeciña (Mougás), todos eles elementos craves da Ruta Máxica de Oia, posibilitaron a realización da mesma.

Do total de 17 áreas de obrigada parada presentes no percorrido, en 10 delas pódese gozar de impresionantes vistas sobre a costa rochosa de marcado relevo e os núcleos de poboación das catro parroquias pola que discorre. Nove destas áreas inclúen grupos de petróglifos e en dúas delas tamén se poden observar os restos de dous recintos fortificados. Por outra banda, tamén se pode observar a característica orografía da ladeira occidental da serra da Groba coas súas pronunciadas pendentes sobre a rasa atlántica e os seus campos de cultivo. Outros accidentes xeográficos a destacar son o marcado canón do río Broi, os múltiples regatos que, sobre todo en épocas de choiva, tinguen de branco a súa canle ao estar cheos de fervenzas debido ás fortes pendentes, ou as numerosas pozas de baño que albergan, destacando as afamadas pozas de Mougás. En canto á flora cabe sinalar o sobreiral (Quercus suber) de Sobreiras do Faro, considerado o bosque mediterráneo máis occidental de Europa, ou os fentos xigantes (Dicksonia antarctica) presentes no río de Vilar. Dentro do reino animal, ademais da presenza de cabalos, vacas, ovellas e cabras, pódense observar outras especies de mamíferos tales como coellos ou xabarís, numerosas especies de aves, destacando a presenza de aves rapaces, así como case a totalidade de especies de réptiles e anfibios presentes na comarca do Baixo Miño, incluíndo a salamandriña galega ou rabilonga (Chioglossa lusitanica), un endemismo do noroeste peninsular. 

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Sara Carrera Coímbra

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones