Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VISITA Ó CEIP A SANGRIÑA NO INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2015/2016

A Consellería de Cultura e Educación inviste neste curso máis de dous millóns douscentos mil euros en obras de mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra

A obra supón a reparación da cuberta do centro que era unha demanda urxente da comunidade educativa.

Fecha: 04 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de A Guarda para analizar co alcalde do municipio, Antonio Lomba, as obras de reparación da cuberta que se están a realizar no CEIP de A Sangriña e que están previstas para o inicio do curso en setembro.

 

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde analizaron as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

A obra supón a reparación da cuberta do centro que era unha demanda urxente da comunidade educativa. Esta cuberta se atopa situada no patio interior do centro e presentaba un deficiente estado xa que a oxidación fixo que a cubrición do patio cuberto se atopara inservible e incluso con risco de caída polos refachos de vento. Así, estase levando a cabo o cambiado das pranchas metálicas e o pintado da subestrutura. De feito, a cuberta actual está a ser substituída por outra de chapa de aceiro prelacada e os soportes están a ser reparados. "Estes traballos supuxeron un investimento de máis de 30.000 euros, aos que hai que sumar a reforma da instalación eléctrica, a reforma dos cuartos de aseos do primeiro andar, polo que o investimento no centro nos últimos meses acadou os 90.000 euros", engadiu o delegado territorial.

Cores Tourís destacou así mesmo que nos últimos anos lévanse realizado diversas obras de mellora e reforma nos centros de Primaria e Secundaria de A Guarda, onde se investiron case 700.000 euros. "Os catro centros educativos do municipio contan xa coa reforma eléctrica efectuada en todos eles, o que garante unha mellora da calidade do servizo que se lle da a comunidade educativa", engadiu o delegado territorial.

A Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo para o próximo curso na mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra. "En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia", sinalou Cores Tourís.

Finalmente o delegado territorial destacou a colaboración por parte da Deputación de Pontevedra no eido da educación, "esperamos seguir contando coa súa colaboración e que a nova corporación se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán. Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar coa Xunta de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos" engadiu.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 3 Setembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones