Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL- A BORRASCA DEIXA FORTES VENTOS E ABUNDANTES PRECIPITACIÓNS NO BAIXO MIÑO

Os chuvascos e os fortes ventos predominaron durante toda a madrugada de hoxe

Agárdase que a situación de inestabilidade continúe durante a fin de semana, con diversos avisos e alertas activadas por fenómenos metereolóxicos adversos.

Fecha: 14 de Noviembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O frente que entrou con moita forza na tarde de onte ocasionou numerosos desperfectos na Comarca do Baixo Miño con acumulacións de precipitacións na estación de Castro Vicaludo de Oia superiores ós 25l/m2 e refachos máximos de ata 72km/h.

Os chuvascos e os fortes ventos predominaron durante toda a madrugada de hoxe, tendo carácter tormentoso nas primeiras horas da mañá, rexistrándose en Galicia máis de 700 raios, algúns deles na Comarca do Baixo Miño.

No mar a situación é complicada, obrigando á flota a estar amarrada no Porto sen poder saír a faenar, activándose a Alerta Laranxa por ondas de entre 4 e 5 metros, Alerta Amarela por precipitacións acumuladas en 12h e Alerta Amarela por vento no Mar.

Na Guarda foron numerosas as incidencias ocasionadas por esta borrasca, no Parque do Cancelón(Montiño) unha árbore de grandes dimensións caíu durante a pasada madrugada, afectando tamén a outras que terán que ser retiradas segundo nos confirmaron dende a Comunidade de Montes de A Guarda en colaboración co Concello. Neste punto acudíu o GES a primeiras horas desta xornada para retirar algunhas polas que afectaban á circulación viaria na estrada de subida ó Monte Sta. Trega.

Na Rúa Manuel Álvarez se tivo que acordoar parte da beirarrúa debido á caída dunha lousa da fachada dun edificio de vivendas.

No Porto o forte vento tirou unha sinal e desprazou case 20 metros un contedor de reciclaxe de papel. Ademáis unha terraza dun establecemento de hostalaría sufríu tamén danos con varios cristais esnaquizados a consecuencia dos fortes ventos.

No IES A Sangriña continúan as "pingueiras" que segundo nos manifestaron diferentes usuarios deste centro educativo, se veñen repetindo desde o inicio do curso escolar, incrementándose nos días de fortes precipitacións, afectando a zonas comúns e tamén ó Pavillón.

A estación metereolóxica do Monte Aloia rexistrou acumulacións de precipitacións superiores ós 50l/m2 e refachos máximos de vento que superaron os 60km/h.

Agárdase que a situación de inestabilidade continúe durante a fin de semana, con diversos avisos e alertas activadas por fenómenos metereolóxicos adversos.


Información sobre adversos metereolóxicos
www.infomiño.com Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Ángel Baz Vicente

  Fecha: 14 de Novembro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

Samsung Galaxy SII

     
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones