Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial- A Deputación de Pontevedra presentou o Estudio de Mobilidade do Núcleo Urbano de A Guarda

O acto realizouse na mañá do 21 de febreiro na Casa dos Alonso de A Guarda.

O acto realizouse na mañá do 21 de febreiro na Casa dos Alonso de A Guarda.

Fecha: 21 de Febrero de 2017

Fuente: Infomiño.com

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, presidíu na mañá deste martes día 21 de febreiro de 2017, a presentación pública dos resultados do Plan de Mobilidade realizado pola Deputación provincial para o Concello de A Guarda.

Nesta presentación, na que estiveron presentes boa parte da corporación local e representantes da Deputación de Pontevedra e da empresa redactora deste proxecto de mobilidade, presentáronse e analizáronse as diferentes opcións encamiñadas a mellorar a mobilidade da vila guardesa.

Neste Plan se establece que as rúas son un espazo público, para negocios, que evolucionan e poden ser cambiadas e que se debe de actuar sobre as mesmas deseñando estratexias que melloren tamén a seguridade dos seus usuarios.

Nun primeiro diagnóstico, o Plan analiza diferentes situacións coma a peonil(Falta de espazos peonís específicos, problemas de accesibilidade e de seguridade vial, potencialidade da comunicación de núcleos e de espazos compartidos), a ciclista(Falta de espazos ciclistas específicos, problemas de seguridade vial, potencialidade de comunicación entre núcleos e potencialidade recreativa e turística) e a do Transporte Público(Baixas frecuencias a nivel comarcal, problemas para autobuses con fins turísticos na vila e a potencialidade dunha estrada/corredor).

Neste aspecto o Plan analizou a rede viaria existente e estacionamento da vila, indicando que a estructura viaria existente está baseada en vías territoriais coma a PO-552, cunha carencia de vías estructurantes municipais e urbanas, así coma a carencia de estacionamentos no núcleo urbano, coas potencialidades de novas vías que se poden proxectar ou planificar e de espazos de estacionamento perifericos. Neste eido destaca a demana existente dunha excesiva participación do uso do automóbil, a existenza dunha ampla porcentaxe de alumnos que se dirixen ós centros de ensino a pé e a potencialidade que ten os usos peonís e ciclistas.

O Plan plantexa ó Concello de A guarda varias vías de solución á problemática existente sobre os accesos á zona portuaria, ben cunha saída/acceso sur que enlazaría coa estrada de circunvalación e cambios na rúa Concepción Arenal.

Todas estas propostas deberán de terse en conta á hora de realizar futuras accións no núcleo urbano de A Guarda, posto que repercuten positivamente nun modelo de mobilidade sostible que redundará positivamente na vida das persoas, no uso dos espazos públicos, na seguridade vial e mesmo no aproveitamento turístico do núcleo urbano de A Guarda.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 21 de febreiro de 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

  O acto realizouse na mañá do 21 de febreiro na Casa dos Alonso de A Guarda.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí