Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL- O ACUARTELAMENTO DE A GUARDA CELEBROU A FESTIVIDADE DO PILAR

Realizáronse os oficios relixiosos ás12:15h na Casa Cuartel da Av. de Portugal na Guarda

O pasado Domingo día 12 de Outubro de 2014 realizouse na Casa Cuartel da Guardia Civil de A Guarda unha misa solemne en conmemoración da festividade da Virxe do Pilar, patroa do corpo da benemérita.

Fecha: 13 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Domingo día 12 de Outubro de 2014 realizouse na Casa Cuartel da Guardia Civil de A Guarda unha misa solemne en conmemoración da festividade da Virxe do Pilar, patroa do corpo da benemérita.
 
A misa, que estivo cantada pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e oficiada polo párroco Jesús Mª García Villadóniga e o Pai Vidal dos PP. Somascos, contou coa presenza do Alcalde de A Guarda e varios membros da corporación local, así coma respresentantes de colectivos sociais, amigos e familiares do corpo da benemérita.
 
O Comandante do posto de A Guarda, Brigada D. Elijio Rivas Freiría, fixo fincapé na interrelación da Guardia Civil cos ciudadanos e institucións, sendo este corpo o que continúa a recibir unha mellor valoración por parte da cidadanía. A Guardia Civil conta con 170 anos de historia, desenvolvendo as súas actuacións en todo o territorio nacional, con carácter militar, aínda que non pertence ás forzas armadas(os únicos en España). Conta con aproximadamente 89.000 efectivos, responsables policiais do 84% do territorio nacional, 6.647 concellos,  64% dos cales cunha poboación inferior ós 1000 habitantes, xestionados a través de 54 comandancias, 221 compañías que se corresponden cos diferentes partidos xudiciais existentes en España, cun total de 1971 postos de guarda.
 
Entre as distintas especialidades existentes dentro do corpo da benemérita atópanse o Tráfico, Seprona, Mar, Xudicial, Montaña, Grupo de actividades subacuáticas, Fiscal e Fronteiras e Seguridade cidadá.
 
A Guardia Civil participa activamente na seguridade ciudadá, seguridade vial, o control de armas, criminalística, atención personalizada na violencia de xénero, a integridade territorial, control marítimo, servizo aéreo e de montaña, presentes na protección da natureza, neutralización de artefactos explosivos, labores de vixiancia e protección...

Trala finalización da misa solemne realizouse un acto de homenaxe ós caídos cunha ofrenda en forma de coroa de loureiro. Posteriormente servíuse un viño español e pinchos amenizando musicalmente o Grupo Folk Lareira.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 12 de Outubro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: CanonEOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones