Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL- PRESENTACIÓN NA GUARDA DO PROXECTO DE GAMELA GUARDESA DE VELA ADAPTADA

Presentouse o pasado Venres día 17 de Outubro de 2014

As características da gamela guardesa faina moi axeitada para o seu uso por persoas con discapacidade

Fecha: 18 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 17 de Outubro de 2014 presentouse no Porto de A Guarda "A Roncadeira" a gamela guardesa de vela adaptada, que se poderá empregar por persoas con discapacidade dende a sede do Clube Alagua en A Pasaxe-Camposancos.

O Concello de A Guarda abordou o proxecto dentro das iniciativas levadas a cabo polo Grupo de Acción Costeira 7, Ría de Vigo-A Guarda.

As características da gamela guardesa, fundamentalmente o seu fondo plano, a súa propulsión a vela ou remos e a súa grande estabilidade faina moi axeitada para o seu uso como embarcación de lecer por persoas con discapacidade.

O acceso á embarcación das persoas con cadeiras de rodas vese facilitada pola existencia dun portón traseiro que serve de rampla. Conta ademáis con dous timóns, dúas orzas que facilitan a navegación contra o vento e unha vela enrolable de fácil manexo.

A embarcación ten unha eslora de 5,05 metros, pesa baleira 390kg , pode levar ata tres tripulantes e ten unha vela de 16 metros cuadrados que unha persoa soa manexa sen dificultades.

Este proxecto foi patrocinado polo Concello da Guarda en colaboración cos Grupos de Acción Costeira, que contan co apoio da Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente, a Consellería do medio rural e do mar e o Fondo Europeo de Pesca, e adaptou unha gamela guardesa tradicional "A Roncadeira" para o seu uso a vela por discapacitados/as e preparou na zona da Pasaxe, Camposancos, facilidades para o seu uso no marabilloso entorno natural do esteiro do Miño, LIC da Rede Natura 2000. 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 17 de Outubro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones