Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Esta fin de semana o público familiar ten unha dobre cita no Teatro Municipal de Tui con Don Quixote e a Carapuchiña Vermella

Entradas á venda en www.culturatui.info

Entradas á venda en www.culturatui.info

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

"Don Quixote, unha comedia gastronómica" presenta unha montaxe única  cos espectadores no escenario e a "Carapuchiña Vermella" buscará unha experiencia inmersiva con música en directo

Dobre cita esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui. O venres, ás 20h, Limiar Teatro Presenta "Don Quixote, unha comedia gastronómica" e o sábado, ás 19h, Educa Teatro achega "Carapuchiña Vermella".

"Don Quixote, unha comedia gastronómica" trátase dunha obra cun gran percorrido con máis de 200 representacións en España, Francia, Brasil e Portugal que agora se renova en Tui cunha montaxe novidosa nunca antes vista. Por primeira vez, Fran Núñez subirase ao escenario xunto ao público asistente nun espectáculo áxil, cómico e íntimo. Dirixida ao público infantil e familiar, os espectadores poderán gozar do teatro dende unha perspectiva pouco habitual, sobre o escenario, sentados en cadeiras nun semicírculo xunto ao propio actor. Por mor deste "formato especial para Tui", en palabras de Núñez, o aforamento estará limitado a 100 persoas.

A obra mestura literatura e gastronomía, coa preparación do prato  de "potaxe de vixilia", o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída para ser armado cabaleiro andante. Trátase dun "xogo teatral e gastronómico no que o humor e a tolemia de Don Quixote encarnarase en Alonso".

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Lémbrase que debido a esa montaxe especial e en primicia, o aforamento está limitado a 100 entradas.






Amais, o sábado, 11 de febreiro, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui volverá a subir o pano co musical "Carapuchiña Vermella". A clásica obra, de sobra coñecida polo público, adáptase agora aos novos tempos e incorpora chiscádelas á actualidade co uso das novas tecnoloxías por parte de carapuchiña.

En palabras do produtor de Educa Teatro, Xandre Vázquez, búscase unha "experiencia inmersiva para toda a familia dende o momento en que chegan ao teatro". Por isto, a maxia de entrar no mundo da nosa protagonista estará patente dende o comezo, cun photocall para que os nenos e nenas poidan tirar fotografías cos protagonistas. Ao tempo, repartiranse entre os cativos caretas cos rostros da carapuchiña e do lobo.

A obra conta cunha banda sonora orixinal, con sete cancións en directo que, segundo Vázquez, "tratan temas como a igualdade, a reciclaxe ou a escolla dunha profesión".

Neste caso as entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 17.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 4€ e 3€.

 

Don Quixote, unha comedia gastronómica, de Limiar Teatro

¤  Lugar: Teatro Municipal de Tui

¤  Data: Venres, 10 de febreiro, ás 20:00h

¤  Duración: 50 minutos

¤  Público: 6-11 anos

¤  Prezo: 3,5€ e 2,5€

 

 Carapuchiña vermella, de Educa Teatro

¤  Lugar: Teatro Municipal de Tui

¤  Data: Sábado, 11 de febreiro, ás 19:00h

¤  Duración: 50 minutos

¤  Público: infantil, todos os públicos

¤  Prezo: 4 € e 3€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones