Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este domingo celébrase o IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade

A competición desenvolverase durante toda a xornada no pavillón de Valença

A competición desenvolverase durante toda a xornada no pavillón de Valença

Fecha: 25 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O venres 17 de novembro a sala de concelleiros de Tui acolleu a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, e co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, aproveitou a súa intervención para felicitar tanto aos responsables de deporte de Tui e Valença como aos organizadores do evento. Amais quixo poñer de relevancia que con propostas coma esta se constata que a axenda conxunta está a dar un paso máis na súa consolidación.

Pola súa parte, Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui, quixo destacar como esta iniciativa é un xeito de eliminar as barreiras entre os dous lados do Miño tamén dende o punto de vista burocrático, ao tratarse dun esforzo de cooperación para traballar con dúas federacións distintas.

José Monte, vereador de Desporto de Valença, tamén resaltou estas actividades como a esencia da Eurocidade, facendo un balance positivo da programación deportiva conxunta deste 2017.

Miguel Abreu, como organizador do evento, foi o encargado de explicar máis polo miúdo os aspectos técnicos dunha competición na que haberá distintas modalidades e contará para as puntuacións tanto da Federación Española de Baile Deportivo como do Trofeo do Norte de Portugal. Amais apunto que, aínda que o prazo de inscrición está aberto, agardan a participación de preto de 300 persoas de idades que van desde os 6 anos ata máis de 65.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones