Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este domingo chega a Oia o Rei Sol

Trátase dun evento de carácter familiar pensado para o goce de pequenos e maiores, con actividades para todos os públicos e centrado en dúas localizacións diferentes: o Refuxio da Fonte do Toxo e o Castro do Cano dos Mouros.

Trátase dun evento de carácter familiar pensado para o goce de pequenos e maiores, con actividades para todos os públicos e centrado en dúas localizacións diferentes: o Refuxio da Fonte do Toxo e o Castro do Cano dos Mouros.

Fecha: 02 de Septiembre de 2023

Fuente: Redacción

A Asociación de Veciños de Viladesuso e a Comunidade de Montes de Viladesuso organizan o próximo 3 de setembro Rei Sol, un evento cultural e divulgativo centrado na promoción do patrimonio, a tradición e a etnografía da nosa contorna.


Trátase dun evento de carácter familiar pensado para o goce de pequenos e maiores, con actividades para todos os públicos e centrado en dúas localizacións diferentes: o Refuxio da Fonte do Toxo e o Castro do Cano dos Mouros.


O domingo 3 pola mañá as actividades realizaranse no Refuxio da Fonte do Toxo, desde onde sairá unha andaina sobre os valores paisaxísticos, patrimoniais e a toponimia da contorna. Posteriormente celebrarase un concerto do grupo Algarabía e un xantar popular con churrasco a prezos populares. Paralelamente a esta programación a cativada poderá desfrutar de actividades infantís dirixidas, a través das que coñecerá o Garrano da Groba e unha gran variedade de xogos na natureza.


As actividades da tarde desenvolveranse no Cano dos Mouros. A programación comezará cunha visita teatralizada ao castro a cargo do campamento de voluntariado arqueolóxico e a continuación desenvolverase o espectáculo infantil “Xan das Ondas”. Como en anteriores edicións deste evento, o acto central da xornada será a representación preparada especificamente para a ocasión polo grupo local “O Mellor de Cada Casa”. A obra de teatro rematará xa á tardiña para deixar paso á actuación do grupo Tra-lo Mosteiro, que porá o broche final coa súa música á posta do sol.


Programación O Rei Sol | Domingo 3 de setembro de 2023 MAÑÁ: Refuxio Fonte do Toxo (localización)
? 10:00 Roteiro da toponimia (aprox. 3h).
? 10:00 Actividades infantís, ata ás 16:00h.
? O Garrano da Groba
? Xogos na natureza
? 12:30 Concerto de Algarabía
? 13:30 Xantar popular (churrascada)

TARDE: Castro Cano dos Mouros (localización)
? 17:00 Visita teatralizada
? 18:00 Xan das Ondas (espectáculo familiar)
? 19:00 Representación teatral (grupo: O mellor de cada casa)
? 20:00 Actuación musical de Tra-lo Mosteiro ao solpor

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí